CEP e Jupol sinalaron que levan anos alertando desta situación, cifrando en máis de 100 axentes os que serían necesarios para dar resposta ás necesidades de seguridade da maior cidade de Galicia.
O aforamento da Porta do Sol estaba fixado en 8.000 persoas e ás 19.00 horas da tarde, unha hora antes do aceso, pechouse a entrada ao público. Moitas persoas que agardaran durante moito tempo nunha longa cola, non puideron nin escoitar falar ao alcalde, Abel Caballero.
A alcaldesa do municipio, Aurea Domínguez, amósase desesperada: "Cada gato que recollemos suponnos uns 200 euros ao mes". "Só no mes de setembro invertimos 6.000 euros na atención a estes gatos", advirte, chamando a atención sobre que os peregrinos "non poden coller a un animal porque lles pareza que está abandonado".
  comenta   0
O seu alcalde denuncia o "escurantismo" do Goberno ante a posibilidade de acoller a 350 persoas chegadas a Canarias. Tamén Sobrado podería recibir 40.
  comenta   0
A alcaldesa de Santiago detallou que "a maior parte" do diñeiro recadado con esta taxa, excepto "os gastos de xestión e de tramitación", irá destinado a cuestións relacionadas coa "desestacionalización, co turismo de calidade" e, "sobre todo", co "sobrecusto que ten o turismo para os veciños de Compostela".
  comenta   0
Os procedentes de México son os que realizan un maior desembolso de turismo por Galicia, con 534,2 euros, tras o que se atopan suízos (526,7 euros) e estadounidenses (400,6 euros). Portugal é o país con máis visitantes en Galicia neste mes, con 122.720, seguido de Francia (84.900) e Reino Unido (24.230).
  comenta   0
"Fala o goberno de saturación, de turismo masivo, de turismo 'low cost'. Cre que a taxa turística vai solucionar estas cuestións? Evidentemente non", resolveu o edil do PP Borja Verea.
  comenta   0
Galicia rexistra marcas "históricas" de visitantes pero segue co mesmo PIB turístico que hai 13 anos, á vez que certas zonas rexistran tensións por falta de vivenda.
  comenta   0
Galicia rexistra marcas "históricas" de visitantes á vez que certas zonas rexistran tensións por falta de vivenda. O peso do turismo na economía galega mantense en niveis próximos aos de comezos da década de 2010 mentres a comunidade encadea anos con plusmarcas en visitantes e pernoctacións, asentada como o sétimo destino do Estado por detrás de Canarias, Cataluña, Andalucía, Baleares e Madrid.
  comenta   0
Sanxenxo é o porto máis caro de Galicia: durante a tempada alta, un amarre para un barco de 8 metros de eslora custa 23,84 euros por día, e para un de 25 metros, chega aos 208,74 euros por día. En Viveiro, unha embarcación de 5 metros de eslora pode amarrar por 7 euros ao día, e unha de 20 metros pode facelo por 60.
  comenta   0
O gasto medio dos turistas nacionais é de 65 euros e o internacional é de 148 euros, segundo as cifras dadas este xoves polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
  comenta   0
Bares, restaurantes, tendas, e rúas repletas de visitantes que elixiron Santiago de Compostela como o seu destino para as vacacións de verán de 2023. Unhas vacacións nas que a cidade tivo milleiros de visitantes e nas que se comezou xa a falar, por parte da súa alcaldesa, dun problema de "turistización". Pero que opinan veciños, visitantes e empresariado desta situación?. Galicia Confidencial saíu a rúa para tantear a opinión de todos eles.
  comenta   0
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este martes unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria, Carlos Botana, na que acordaron colaborar para promocionar a través de actividades a imaxe da cidade o próximo 19 de setembro, cando a urbe olívica celebrará unha "xornada histórica" ao recibir ata cinco cruceiros con miles de turistas.
É imposible facer vida 100 % nun lugar no que se carece, por poñer un exemplo, de centro de saúde, ou de supermercado onde facer a compra. Ademais, falta enerxía eléctrica, pois a pouca que hai é subministrada por un xerador que funciona só algunhas horas. Por iso, os habitantes de Ons teñen que desprazarse continuamente ao concello de Bueu para o seu día a día.
  comenta   0
O verán en Galicia cumpriu coas previsións e pechou o mes de xullo cun nivel de ocupación entre o 70 % e o 80 % e alcanzou as cotas máis altas en agosto, cunhas porcentaxes de ocupación de entre o 80 % e o 90 %.
  comenta   0
O pasado luns, o hospital bateu unha marca, con 562 adultos atendidos en Urxencias nunha soa xornada. Ao longo do mes de agosto, a afluencia media de persoas maiores de 15 anos situouse en 442 persoas (sen contar a mulleres embarazadas), fronte ás pouco máis de 400 do mesmo período do ano pasado.
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asegurou que se setembro vén bo, "imos camiño de bater un novo record".
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este sábado na illa de Tambo o valor patrimonial e natural deste espazo e de toda Galicia, e apostou pola súa dinamización como destino turístico e cultural "dunha maneira sustentable".
  comenta   0
Está programada para os días 18, 19 e 20 de agosto. Aínda que a protagonista do evento é un dos produtos máis nosos, haberá espazo para os xogos populares, o deporte e as actuacións musicais. O domingo terá lugar un concurso de elaboración de empanadas para 'amateurs' e para profesionais.
  comenta   0
A praia de Samil será un dos lugares nos que mais se poderá disfrutar do festival aínda que un dos pratos fortes, o concerto de Bad Gyal, será en Castrelos.
O obxectivo é sensibilizar aos turistas que visiten este lugar da necesidade de compatibilizar o seu uso lúdico co coidado ambiental e as actividades económicas como o marisqueo.
  comenta   0
Esto supón dous puntos menos que en 2022, aínda que son cifras do 2019. Os hoteis de categorías superiores foron os que marcaron mellor porcentaxe de ocupación, chegando a unha media do 84 %.
  comenta   0
Nas últimas semanas houbo varias denuncias de veciños por comportamentos como "montar un picnic" na Praza do Obradoiro ou pasar a noite en sacos de durmir na Praza da Quintana.
  comenta   0