Das películas do director francés Mathieu Kassovitz que teño visto, entre elas “Babylon A.D”, “Gothika”, “Asesino(s)”ou “Os ríos de cor púrpura” quédome cunha das primeiras: “Le Haine” (“O Odio” de 1995) un drama social ambientado nos disturbios, a principios dos 90, sacudiron o suburbio parisino de Les Muguets. Quédome coa historía e quédome coa reflexión que encerra a voz en off coa que comenza e remata a cinta: “É a historia dun home que cae dun edificio de cincuenta pisos. Para tranquilizarse mentres cae ao valeiro, non para de decirse: ata agora todo vai ben, ata agora todo vai ben... ata agora todo vai ben. Pero o importante non é a caída, é a aterraxe”.
  comenta   0
Caballero pide pór o interese xeral por encima para fortalecer o socialismo galego e Formoso crítica os "peores resultados da historia do PSdeG. Os alcaldes da Coruña, Ferrol e Santiago asisten ao comité provincial para analizar o 12J
  comenta   1
O ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, indicou que agora é o momento de acordar e plasmar as ideas para levalas a bo porto.
  comenta   0
"Se o candidato fose o problema, a solución sería sinxela; pero o problema é máis complexo", asegura o líder do PSdeG. Pide desculpas polos erros cometidos e a colaboración de todo o PSdeG para rexenerar o partido mentres Regades tamén pide "reflexión".
  comenta   2
O dirixente socialista invoca o rexurdir de Pedro Sánchez á fronte da executiva nacional ante os que, como Xosé Sánchez Bugallo, critican os resultados. Bugallo insiste en pedir unha "reflexión" sobre o acontecido o 12J.
  comenta   0
Se comparamos cifras, veremos que o 12-X deixa as cousas tal como estaban. En todo caso, cambia a posición dos contendentes ante o futuro.
  comenta   0
Tellado chama a aproveitar a redución do número de forzas no parlamento para chegar a "grandes acordos".
  comenta   0
O vicesecretario de Política Territorial do PP, Antonio González Terol, di que os dous "enriquecen o proxecto" do PP.
  comenta   0
É chocante que despois do ciclo aberto polo 15-M en 2011 e pola época do éxito electoral das Marés (eleccións locais de 2015, xerais de 2015 e 2016 e, en boa medida as autonómicas de 2016) os resultados deste 12-X de 2020 sexan cuspidiños aos daquel lonxano 1997, cando Fraga quitou 42 deputados para o PP (os mesmos ca Feijóo arestora), Beiras 18 para o BNG (Ana Pontón rachou onte este récord acadando 19) e Caballero 15 para o PSOE (daquela foi o tío Abel, hoxendía alcalde absoluto de Vigo, mentres que agora o sobriño baixa un empatando a peor marca histórica do PSde G nunhas eleccións nacionais galegas: os 14 de Xaquíbn Leiceaga en 2016).
  comenta   0
Esfarelamento histórico do antigo espazo de En Marea que o PSdeG non consegue rendabilizar. Nin Marea Galeguista, nin Vox, nin Ciudadanos teñen tampouco espazo en Galicia.
  comenta   15
A asociación polo galego incide en que o uso da lingua por parte dos representantes dos partidos políticos ten repercusión directa na nosa comunidade.
  comenta   3
Critica a recentralización das competencias do Goberno central durante a crise do coronavirus e acusa a Feijóo de levar 11 anos sen reclamar ningunha a Madrid.
  comenta   1
A Federación Down Galicia demanda transformacións nas eleccións do 12X para asegurar a participación das persoas con diversidade intelectual.
  comenta   0
Gómez Reino acusa a Feijóo de levar "80 días" de precampaña electoral mentres non exerce as súas competencias como presidente da Xunta.
  comenta   0
Esta empresa anuncia a implantación de plans de acción de biodiversidade en instalacións emprazadas en espazos protexidos durante o 2020.
  comenta   0
Dimiten varios membros da Executiva por discrepancias con secretario xeral ao que acusan de “xeitos dictatoriais” nas negociacións de pactos, primeiro co BNG nas xerais do 2019, e agora con En Marea para as galegas de xullo.
  comenta   15
A distancia entre socialistas e populares é de case 10 puntos. Baixa Unidas Podemos e tamén Vox que pasa a ocupar a cuarta posición. O BNG mantén o 0,5% de intención de voto
  comenta   4
Utiliza a En Marea, que dixo que non lle importaba celebrar os comicios en xullo, para suliñar que no Parlamento a súa proposta suma xa 46 apoios. Volve facer seguidismo dos vascos ao asegurar que tamén el quere unha campaña dunha semana.
  comenta   1
Sete vocais discrepan do aval dado á proposta de Madrid para reformar estes nomeamentos para evitar a autonomía das CC.AA. nestas decisións. Curiosamente, o PP que impulsa esta reforma e presidentes como Feijóo, opóñense a que o Estato tutele o proceso de desescalada e que o fagan as autonomías.
  comenta   0
Feijóo coincide cos presidentes vasco e catalán en pedir que non se amplíe. O Goberno central di que non hai plan B porque cada autonomía podería impoñer o seu propio plan.
  comenta   7
A situación actual de pandemia require de medidas sanitarias extraordinarias que atinxen ás nosas liberdades. Mais, por grave que for a situación, a Europa democrática non pode-non debe-resolver esta caste de cuestións ao xeito de réximes autoritarios como as Repúblicas Islámica de Irán ou Popular Chinesa.
  comenta   0
CESM ve "inaceptable primar e fomentar" a teleasistencia na volta á normalidade porque "o medicamento non se pode exercer a distancia".
  comenta   0
Xerais lanza #envozpropia, unha campaña en redes sociais na que os escritores e escritoras len partes das súas propias obras.
  comenta   0
O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) introduce ao presidente galego na enquisa e pregunta se lle gustaría quen fose o presidente do Goberno na crise do Covid-19.
  comenta   2
O presidente de Ineo sinala que tamén pode haber "vítimas" do coronavirus nas tecnolóxicas, como as firmas que prestan servizos de "presenza física"
  comenta   0
David González (Vigo, 1995) e autor do blogue cultural Palabra de Gastby. Durante estas semanas dará os seus consellos sobre títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. As recomendacións da semana son Beixos de lingua, de Paco Barreiro; Culpable, de Eli Ríos; Terrazas, de Fran Alonso; Na casa da avoa, de Marta Dacosta; Cervatos, de Lucía Novas e O único lugar onde ficar inmóbil, de Arantxa Nogueira.
  comenta   0
David González (Vigo, 1995) e autor do blogue cultural Palabra de Gastby. Durante estas semanas dará os seus consellos sobre títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. As recomendacións da semana son A memoria da choiva, de Pedro Feijóo; O cuarto das abellas, de Antía Otero; Biblioteca de teatro, de Chévere e Os Bandiden, Siri Kolu con tradución de Moisés Barcia.
  comenta   0
David González (Vigo, 1995) e autor do blogue cultural Palabra de Gastby. Durante estas semanas dará os seus consellos sobre títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. As recomendacións da semana son Muriel de María Canosa, Irmá Páxaro de Tamara Andrés e Carrusel, de Berta Dávila.
  comenta   0
A Delegación do Goberno lembra a importancia de "non saír de ponte" para continuar coa prevención fronte ao Covid-19.
  comenta   1
Esta formación, que foi dentro da candidatura do Bloque nas xerais, di agora que apoiaron a Néstor Rego “para defender a axenda galega común, non para defender de forma única a postura do BNG”.
  comenta   6
A ex deputada de Anova e de En Marea, agora nas listas do Bloque como independente, aposta por impulsar unha corrente soberanista con xente descontenta, entre os que poderían estar ex militantes da FPG ou Anova.
Arrimadas confirmou que participará na presentación, que terá lugar na cidade de Ourense nesta mesma xornada.
  comenta   0
O PP quedaría a seis puntos dos socialistas, co 18,6% dos votos. O BNG adianta a Unidas Podemos e Vox perdería máis da metade dos votos das pasadas xerais.
  comenta   6
Destaca a participación nas candidaturas das persoas que conseguiron uns "resultados extraordinarios" nas xerais.
  comenta   0
Os cadros de Anova terían aceptado as condicións impostas por Podemos, que se reserva a candidatura da lista conxunta, Galicia en Común, para Antón Gómez-Reino.
  comenta   20
Exercendo a potestade contemplada na lexislación vixente, Alberto Núñez Feijóo decidiu disolver o Parlamento galego e convocar eleccións para o vindeiro 5 de Abril, data elixida previamente polo presidente vasco Iñigo Urkullu para realizar os comicios á Cámara lexislativa da súa Comunidade.
  comenta   0
O alcalde de Zaragoza, partidario de axuntar o voto do centro dereita. Feijóo volve dicir que descarta dar o salto á política española. "O tren xa pasou", asegura.
  comenta   0