"A pesares de estar habilitado un desvío debidamente indicado, estamos a sufrir un tráfico de vehículos excesivo e a unha velocidade inapropiada, que pon en risco aos veciños, na súa maioría maiores de 60 anos e coa mobilidade reducida", denuncia Vanessa, unha veciña da aldea de Vilariño. Dende o Concello pedíronlles que teñan coidado ao saír da casa mentres duren as obras, é dicir, durante 2 ou 3 meses.
  comenta   0
A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal), que presentou alegacións contra o proxecto, valorou que este "é un paso importante para evitar a destrución da Serra de San Mamede" e "do conxunto do Macizo Central".
  comenta   0
En cinco días esborrallou unha ponte en Ourense, derrubouse parte dunha infraestrutura aberta hai menos dun ano na Coruña e un desprendemento pechou outra estrada en Ourense. A Xunta está utilizando fondos da UE para o cambio climático para tentar arranxar os derrubes nas estradas mentres apunta a motivos exóxenos a maior parte dos colapsos.
  comenta   0
A infraestrutura, construída no século XIX e de titularidade autonómica, permanecía pechada desde o venres e o luns derrubouse ao colapsar parte da sillería do muro dereito.
  comenta   0
Sácao a subdelegación do Goberno de Pontevedra.Trátase do parque de Rebordechao que afectaría a varios concellos do sur de Ourense.
  comenta   0