Ecoloxistas denuncian "o intento de talla" de máis de 2.000 árbores en Monforte de Lemos

Din que "repercute" nunha zona Rede Narura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2023 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia



Petón do Lobo e Ecoloxistas en Acción Galiza denunciaron o "intento de talla" de máis de 2.000 árbores de "un alto valor ecolóxico" no municipio lucense de Monforte de Lemos e animan a presentar alegacións.

Nun comunicado detallaron que se trata de 1.172 carballos, 421 bidueiros e 513 salgueiros no Rego de Reboredo e Rego de Terra Loura, e ambas as marxes da ribeira, en Distriz, en Monforte de Lemos.

mAsí, co obxectivo de "evitar desfeitas" ambos os colectivos presentaron alegacións tanto ante a Confederación Hidrográfica como ante a Consellería de Medio Ambiente.

Desta forma, sinalaron que a talla "constituiría un dano irreparable" para o medio ambiente e o conxunto da cidadanía e "suporía un precedente difícil de comprender" polas xeracións futuras.

"As afeccións serían múltiples e en cadea unhas con outras", lamentaron. A principal "é que afectaría" os chans e aos procesos erosivos "repercutindo na Rede Natura 2.000.

A zona sitúase nunha chaira "suxeita a inundación", o que "afectaría gravemente os humidais existentes, ao fluxo fluvial e á conectividade dos ecosistemas.

Talla de árbores
Talla de árbores | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta