(Vídeo) A banda da Loba homenaxea a Luísa Villalta

A homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas é unha muller que viviu a catástrofe máis grande da nosa costa na súa infancia, o 'Prestige', e que de maior tivo que vovler ás praias para recoller pélets.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 09/05/2024 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

A banda da Loba lanza a traca final da súa homenaxe a Luísa Villalta neste 2024 no que lle dedican as Letras Galegas: 'E o mar'. Con esta canción de ritmo 'ska' que recorda un pouco ao Bella Ciao, as 'lobas' queren reivindicar a cara máis social da escritora "que formou parte do movemento Nunca Máis ou escribiu posicionándose do lado do pobo palestino nesta guerra que semella non ter fin".

A Banda da Loba
A Banda da Loba | Fonte: Arquivo

No videoclip, como protagonista principal, unha muller que viviu a catástrofe máis grande da nosa costa na súa infancia, o 'Prestige', e que de maior tivo que volver ás praias, esta vez para recoller os pélets. "'E o mar' é unha homenaxe ao activismo de Villalta, ao seu compromiso, á súa valentía e tamén ao noso pobo, porque non podemos nin queremos esquecer. Tralo 'Prestige', os pélets. Que virá despois?", pregúntase a banda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta