Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2024 | Actualizada ás 12:19
Renfe e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta asinaron un acordo de colaboración para impulsar o Día das Letras Galegas, celebrado cada 17 de maio e este ano dedicado á escritora Luísa Villalta.
Segundo explica a compañía, a imaxe da autora coruñesa destacará nos repousacabezas de diferentes trens de alta velocidade que realizan traxectos de Media Distancia e Avant entre A Coruña, Santiago e Ourense; e entre Vigo, Santiago e a cidade herculina.
Esta campaña, destaca, ten como obxectivo fomentar a cultura e a lingua galega, así como os desprazamentos en ferrocarril, "medio de transporte comprometido coa sustentabilidade ambiental, eficiente e seguro". Para iso, Renfe exporá nos seus espazos de información a viaxeiros de diferentes estacións os carteis gañadores do 'Concurso das Letras Galegas 2024', correspondente á categoría de educación secundaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.