“Apañalas # Pescalas # Collelas # Pillalas # Cachalas no aire”, no canto do calco “collelas # pillalas # cazalas ó voo”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 09/09/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Cando alguén capta ó dereito algunha cousa que, de xeito un tanto subrepticio ou oculto, acaba de acontecer ou se acaba de comentar, en castelán adóitase dicir que las coge # caza al vuelo. Non sería a primeira vez que escoitamos en galego –entendemos que como mero calco desa expresión castelá– que alguén as colle # caza ó voo, secuencias estas que en principio coidamos que non deberían formar parte do noso acervo fraseolóxico (ou, polo menos, cuxo uso non deberiamos priorizar nese noso acervo), na medida en que contamos con expresións propias, como vemos a seguir:

Un home pescando
Un home pescando

Cogerlas # Cazarlas # Pillarlas al vuelo

{= Entender ou captar de xeito moi rápido, e con apenas uns pequenos indicios, algunha cousa que se pretende ocultar ou, cando menos, non manifestar claramente.}

Apañalas no aire # polo aire

Pescalas no aire # polo aire

Collelas no aire # polo aire

Pillalas no aire # polo aire

Cachalas no aire # polo aire

Ex.: Cuidado con lo que habláis en presencia de ese fiscal, que las pilla todas al vuelo.

Amodo co que falades perante ese fiscal, que as apaña todas no aire que as pesca todas no aire que as colle todas polo aire que as pilla todas no aire que as cacha todas polo aire.

● Mesmo tamén:

Cazalas no aire # polo aire

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Irmandades da Fala: Vocabulario Castellano-Gallego de las Irmandades da Fala. Imprenta Moret-Galera, 48, A Coruña 1933.

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega, en liña. Consultado no Portal das Palabras (https://portaldaspalabras.gal/).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta