O consello da Xunta deu luz verde este luns á contratación, por procedemento de emerxencia, do servizo de transporte sanitario urxente na área de Vigo, cun orzamento de 2,9 millóns de euros (sen IVE) e 6 meses de duración, mentres se tramita un novo contrato por procedemento aberto.
Baixo o lema 'O xardín é unha obra de arte' abrirá as portas este sábado, día 11 de maio, ás 19:00 h.
  comenta   0
Houbo un xuntanza este luns do inspector co claustro de profesores e co consello escolar do IES para alcanzar un acordo.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a convocatoria de 158 prazas por concurso-oposición para o ingreso no Servizo Galego de Saúde (Sergas) en catro categorías de persoal sanitario de formación profesional: técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico superior en dietética, técnico superior en documentación sanitaria e técnico en anatomía patolóxica e citoloxía.
  comenta   0
En concreto, o terceiro premio da Fase Nacional da XIX edición do Architecture Student Contest 2024, cunha dotación de 750 euros, foi para o equipo de Iria Area, Claudia Barral e Aylin Berrocal, da Universidade da Coruña, polo seu proxecto 'EN-CAPSULED'.
Reclama anular a concesión "presuntamente ilegal" e estudar custos para unha asunción directa, que estima nuns 1.500 millóns, tras a apertura do expediente da Comisión Europea.
  comenta   0
Desde o Igape envióuselle documentación e propostas a un total de 13 firmas de ámbitos como a automoción, o sector funerario ou en naval, entre outros. Ata a data, a metade mostraron a súa negativa, mentres que o resto está a valorar a proposta.
  comenta   0
Terán lugar o venres 3 de maio na Alameda. As inscricións para os maios poden facerse na modalidade de grupo ou individual e haberá premios para os tres primeiros de cada unha delas. As coplas deberán formalizarse en grupo, nas modalidades de nenos ou de adultos, haberá tres primeiros premios apra cada categoría e cantaranse a partir das 11:30 h.
  comenta   0
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, anunciou este venres que procederá á retirada, con carácter inmediato, das medallas ao mérito de Traballo a persoas condenadas por corrupción, medida que afectará ao expresidente da CEOE Gerardo Díaz Ferrán ou ao exdirectivo da extinta Caixanova Julio Fernández Gayoso.
  comenta   0
Os supostos traballadores beneficiados polos contratos debían pagarlle "á armazón" formada polo sindicato e unha entidade colaboradora "co beneplácito e a permisividade da empresa". Era de 70 euros das súas nóminas todos os meses.
  comenta   0
Celébrase a fin de semana do 6 e 7 de abril ofrecendo ademais unha gran área de exposición e venda coa presenza de 30 expositores e 20 clubs de afeccionados, moitos deles de ámbito nacional.
  comenta   0
A Mesa do Congreso convocou este martes un concurso para a adxudicación dun contrato de servizos de tradución, interpretación, transcrición e subtitulado en directo ao castelán das intervencións que se realicen en linguas cooficiais nos diferentes espazos da Cámara.
  comenta   0
A que fora portavoz da sección xuvenil da UGT é hoxe responsable de Comunicación da Federación Estatal de Servicios, Movilidad y Consumo, e colaboradora habitual de mesas políticas dos programas Espejo público (Antena 3), Al rojo vivo (La Sexta) e La Sexta Xplica.
O Concello de Monforte vén de presentar o concurso para o cartel anunciador das Festas Patronais de 2024 do mes de agosto.
Desenvolverase do 29 de agosto ao 8 de setembro e presentará moitas novidades, segundo afirma o seu director, Carlos Montero.
  comenta   0
Nesta edición o cartel foi seleccionado a través dun Concurso de Carteis no que se recibiron 115 propostas chegadas desde todas partes de Galicia.
  comenta   0
“Queremos saber porque hai unha contratación sistemática a dedo con Eulen, se estamos ante un caso de nepotismo, de favoritismo, de amiguismo puro e duro", asegura. Desde que Feijóo estivo de presidente en Galicia e ata antes da súa saída, a empresa Eulen facturou máis de 30 millóns de euros.
  comenta   0
A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello, Ana Ortiz, visitou este xoves os traballos de rehabilitación do edificio Elduayen 31 e Ferrería 10, que xa están na última fase da obra para poder saír a concurso nas próximas semanas seis vivendas.
Comesaña avanza que o mércores se publicará no DOG a apertura de prazo para elixir praza no concurso de méritos de postos de difícil cobertura.
  comenta   0
"O Arde Lucus era a súa vida. El empezou hai moitísimos anos nas asociacións e á marxe do seu traballo o resto do tempo dedicábao a pensar en iniciativas para o Arde Lucus. Sempre estaba maquinando. Aínda que estaba enfermo, seguía debuxando", confesou, visiblemente emocionada, a súa viúva.
Entre os traballos presentados seleccionaranse 10 finalistas que exporán os seus proxectos na final que se celebrará o 18 de abril dentro do Encontro “Inspiro”.
  comenta   0
Esta edición, que contará coa proxección de 70 pezas, homenaxeará a Dorothé Schubarth e haberá películas con subtítulos específico para persoas xordas.
  comenta   0
A rexedora destacou o que xa estean "protexidos" e reivindicou o "traballo conxunto" de Xunta e Concello da Coruña "para que quedasen na cidade nas mellores condicións e para que estivesen protexidos".
O concello vén de publicar as bases de participación da primeira edición deste certame destinado á participación de todo o tecido hostaleiro da vila. Terá lugar os días 14, 15 e 16 de marzo, coincidindo coa celebración das festas patronais de San Lázaro.
  comenta   0
O propietario da galería de Vigo que inicialmente presentou oferta explicou que a súa retirada do procedemento obedece a que non quere "interferir no desenvolvemento da operación" ao iniciar o proceso a Xunta para a declaración BIC e expor o traslado dos murais ao Museo de Belas Artes, no caso de resultar adxudicataria.
As ideas gañadoras abarcan unha ampla gama de temáticas, desde a arte urbana e a sustentabilidade ambiental ata a inclusión e a moda personalizada, demostrando a capacidade de xerar solucións innovadoras para satisfacer as necesidades e desexos da sociedade contemporánea.
  comenta   0
O Defensor do Pobo anunciou os gañadores da XIX Edición do Concurso de Debuxo sobre Dereitos Humanos, no que participaron máis de 2.000 nenos e nenas de toda España e de colexios españois no estranxeiro.
  comenta   0
Ambas as mostras constan de 10 carteis e unha guía didáctica cos momentos máis significativos da vida e obra da autora á que se lle adican as Letras.
A música das Aldaolado soará na cerimonia de entrega, na que tamén actuará Satélite Salitre, un dos que recollerán o premio esa noite como gañador do concurso Fran Pérez 'Narf'.