O pleno do Parlamento Europeo apoiou este martes medidas máis estritas para previr novas verteduras de pélets de plástico como o que afectou no principio do ano as costas galegas co obxectivo de lograr as "perdas cero" e responsabilizar aos operadores da súa limpeza no caso de que ocorran.
  comenta   0
A eurodeputada do BNG defende potenciar a investigación dos novos medicamentos para o tratamiento de enfermidades raras e os distintos tipos de cancro.
  comenta   0
A eurodeputada comunicoullo á presidenta do Parlamento Europeo, xa que sostén que "esta delegación está a avalar o xenocidio que Israel perpetra en Gaza".
  comenta   0
O pleno do Parlamento Europeo aprobou este mércores o acordo histórico alcanzado o pasado decembro entre institucións. Suporá un novo marco cuxa aplicación plena está prevista a partir de 2026.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, desprazarase ao Parlamento Europeo en Estrasburgo, que acolle o pleno da Eurocámara a próxima semana, para reunirse coa comisaria de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, e coa comisaria de Ciencia, Investigación, Cultura,Educación e Mocidade, Iliana Ivanova.
  comenta   0
Ana Miranda reivindica a aprobación este mércores na Comisión de Pesca da Eurocámara dun informe que vén modificar a Directiva 2009/21/CE, co obxectivo de restrinxir os buques de pavillón de conveniencia, barcos rexistrados nun país diferente ao do propietario.
  comenta   0
A eurodeputada do BNG di que "a pesar dos datos de mulleres asasinadas, de denuncias formuladas e de sentenzas condenatorias, atopamos a negación ou a banalización por parte de determinados políticos de extrema dereita".
  comenta   0
CleanSeaNet (CSN) é un sistema da Axencia de Seguridade Marítima Europea (EMSA) que comezou a funcionar en 2007 que monitora por satélite os buques e detecta e vixía verteduras mariñas en augas europeas.
  comenta   0
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, propuxo na Eurocámara, no marco da Comisión de Pesca celebrada este luns, o reforzo da seguridade marítima internacional polos problemas que supoñen as bandeiras de coveniencia de buques como o Prestige.
  comenta   0
A eurodeputada defendeu a posta en marcha dunha política de vivendas públicas a prezos accesibles que "permitiría facilitar o acceso á vivenda á xente nova ou persoas en situación de vulnerabilidade".
  comenta   0
O evento celébrase na sede do Parlamento europeo en Bruxelas en xornada de tarde e o programa inclúe a presenza de diferentes expertos que abordarán, entre outros asuntos, o impacto da pesca no ecosistema mariño e os problemas ambientais actuais, ou o labor da Organización Marítima Internacional (OMI) sobre a formación dos pescadores.
  comenta   0
A eurodeputada do BNG apunta que están "a incumprirse" directivas europeas, como son o directiva marco de auga pola contaminación que provoca nos ríos próximos á mina e á ría.
  comenta   0
A Eurocámara reclámalle á Comisión máis esforzos para divulgar obras europeas que representen toda a diversidade lingüística europea, tendo en conta as linguas oficiais e as linguas rexionais e minorizadas.
  comenta   0
O Intergrupo de Linguas do Parlamento Europeo considera que o sector audiovisual debe ser un campo de acción estratéxico para calquera política que busque a normalización das linguas.
  comenta   0
A Eurocámara quere que todos os de nova construción sexan así nesa data e amplía o prazo a 2032 para os que se renoven.
  comenta   0
O Pleno do Parlamento Europeo reclamou á Comisión Europea que aborde as necesidades das comunidades rurais cando prepare lexislación e programas financeiros sobre agricultura ou políticas de cohesión a fin de lograr que estas zonas estean mellor conectadas e sexan máis fortes, resilientes e prósperas.
  comenta   0
Sociedade civil, representantes institucionais da UE e afectados por verteduras analizan o reforzo que supuxo na seguridade marítima
  comenta   0
As familias das vítimas do 'Villa de Pitanxo' valoraron como un "avance" que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo fixese súas as demandas dos afectados polo naufraxio do buque pesqueiro que custou a vida a 21 persoas fronte ás costas de Terranova (Canadá).
  comenta   0
O Goberno de España enviou en setembro unha carta a Estrasburgo para solicitar a súa admisión como linguas de uso no hemiciclo.
  comenta   0
Piden amparo para que inste o Goberno de España a investigar e custodiar probas do accidente, que deixou 21 falecidos nun naufraxio ocorrido a 450 quilómetros da costa canadense.
  comenta   0
O 75 % do cofinanciamento do fondo cubrirá a perda de ingresos e os custos adicionais provocados pola ruptura das cadeas de subministración.
  comenta   0