Chegaron o porto exterior de Caneliñas en colectores e desde aquí serán levados ao resto de mercados do continente.
  comenta   0
A psicóloga María Carpallo lembra que "un 43,4 % da xente que chamaba non se atopaba en ningunha situación con respecto á covid, tan só precisaba usar o teléfono porque tiña malestar emocional por estar na casa". Un 66,8 % chamaban por sintomatoloxía de ansiedade; un 30,5 % por sintomatoloxía depresiva; e un 13,9 % por problemas familiares.
  comenta   0
A Delegación do Goberno en Galicia indica que "A Xunta de Galicia en ningún momento durante este mes de precipitacións abundantes activou ningún plan de protección civil en fase de emerxencia".
  comenta   0
A APDR destaca que no propio documento de Ence exponse que "esperan non pasar de 14 millóns de metros cúbicos de auga anuais" e indican que aumentará o número de camións que se movan ao redor da factoría. A empresa recoñece que o cheiro "será inevitable que aumente" ao incrementar a emisión de gases.
  comenta   0
"Unha edificacion que teña orde de demolición e non se execute en 15 anos si que pasaría a situación de fóra de ordenación, con todo unha edificacion que leva 40 anos edificada nunca estaría nesa situación", citou como exemplo a conselleira de Vivenda, María Martínez.
  comenta   1
BBVA está presente en 73 localidades galegas, mentres que o Banco Sabadell en 45 municipios de toda Galicia, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra. Deste total, ata 43 concellos da Comunidade contan con ambas as sucursais, o que, se se producise finalmente esta compra, podería supor o peche dalgunha das oficinas.
  comenta   0
"Lealdade institucional e máximo nivel de cooperación porque se lle vai ben á Coruña vaille ben a Galicia e creo que iso é o que temos que facer traballar, polo interese dos nosos territorios", asegurou Inés Rey.
  comenta   0
O presidente da asociación Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, amosou a súa total satisfacción pois superáronse as previsións de asistencia malia as condicións meteorolóxicas adversas da fin de semana. As actividades enoturísticas desenvolvéronse do 3 ao 5 de maio.
  comenta   0
RDG e Galenergy alíanse para impulsar novas instalacións renovables nas que reservarán o 15 % do accionariado a concellos e axentes locais e priorizarán a Galicia interior.
  comenta   0
A Galería Dupla de Compostela acolle ata o 14 de xuño unha exposición que ilustra con 15 creacións inéditas da ilustradora Sara Herranz textos da filósofa francesa.
Fai catro anos moitos organismos e institucións puxeron en marcha teléfonos de atención durante a crise do covid, todos querían axudar, pero o certo é que "houbo un problema de organización e coordinación". Así o considera a psicóloga Lourdes Fernández Márquez, que pide que, de cara a emerxencias futuras, sexan "os colexios profesionais os que dean promoción, organización e coordinación a este tipo de servizos de axuda".
  comenta   0
Unha DANA trae chuvia sábado e domingo e volve o frío e a neve para a vindeira semana.
  comenta   0
Galicia demanda a cesión en usufructo ou gratuíta de vivendas da Sareb para uso social e a súa inclusión no programa 'Viena'.
  comenta   0
A proposición, defendida polo grupo popular, contou co apoio de PSdeG e Democracia Ourensana e a abstención do BNG, que acusou ao PPdeG de tratar de buscar a "confrontación".
  comenta   0
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia di que a medida é para evitar unha "alteración ou trastorno de carácter grave" dos xacementos atopados.
Que "permitirán profundar na diversificación da oferta fóra de tempada alta", tal e como considerou o Goberno galego.
  comenta   0
Este colectivo suxire que o desaxuste entre o orzamento inicial e o gasto final é "para ter as mans libres para contratar coa privada".
  comenta   0
O presidente galego augura un bo resultado do PP en Cataluña para que "o goberno do PSOE se termine".
  comenta   0
Os socialistas denuncian o ex ministro do PP sabía con antelación as actuacións xudiciais que se realizaban contra Besteiro e Orozco por parte da xuíza Pilar de Lara.
  comenta   0
O presidente galego insiste en adaptar a normativa galega á europea pero nesa actualización tamén abordará o cambio e o xeito de elección do futuro director xeral da CRTVG. Tamén, asuntos que os partidos da oposición e organizacións profesionais de xornalistas levan reclamando desde hai anos como é a dun Consello de Informativos e Estatuto Profesional.
  comenta   1
O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González Prieto, asegura que "todo depende de como fose o lume: da cantidade de biomasa que houbese na zona, da orografía do terreo e da meteoroloxía do momento". Con todo, ao arder maioritariamente eucaliptos, unha especie á que lle beneficia o lume, e non chegar o lume ás copas en moitas zonas, a recuperación debería ser máis rápida.
  comenta   0
Concretamente, a conca do Miño-Sil atópase con 2.641 metros cúbicos embalsados, o que supón o 87,2% da súa capacidade, lixeiramente superior á semana anterior cando era do 86,9%
  comenta   0
Ana Pontón destacou que "grazas ao BNG, en Bruxelas falouse do lácteo, das rías, emigración, da fuga de talento, do corredor atlántico ou a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, de memoria histórica, dun modelo alternativo enerxético, da defensa dos dereitos sociais e da defensa da lingua e cultura".
  comenta   0
Air Nostrum, a aerolínea franquiciada de Iberia para voos rexionais, estreará este verán unha ruta inédita que unirá Melilla e Santiago. Comezará a súa operativa o próximo 27 de xullo e terminará o 31 de agosto co que serán seis semanas consecutivas de conexións, cada sábado.
  comenta   0
Pediulle á Xunta que "asuma" as compensacións ao sector marisqueiro ou, en todo caso, que abra unha mesa de negociación co Goberno "para impulsar un novo convenio que blinde aos mariscadores".