Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2024 | Actualizada ás 12:14
O PSdeG solicitará personarse, a través do PSOE, como acusación na causa que o Xulgado de Instrución número dous de Tarrogona abriu contra o exministro de Facenda do PP Cristóbal Montoro tras coñecerse que recibiu con antelación información sobre actuacións xudiciais socialistas.
Segundo publicou 'El Periódico de España', entre a documentación que ten o xulgado no marco desta causa que investiga que se un despacho fundado por Montoro usou en beneficio dos seus clientes influencia en altos cargos e funcionarios de Facenda, figura que recibía información sobre decisións da xuíza Pilar de Lara, como os rexistros que ía levar na Deputación e o Concello de Lugo, dúas institucións que estaban gobernadas naquel momento polos socialistas José Ramón Gómez Besteiro e José López Orozco, respectivamente.
Respecto diso, nun comunicado, o secretario de Organización dos socialistas galegos, Luis Ángel Lago, explicou que por mor da publicación de partes da investigación xudicial a través dos medios de comunicación o pasado fin de semana, e "dada a gravidade dos feitos difundidos e consultado cos servizos xurídicos", o "Partido Socialista de Galicia ten intención de tomar parte, a través do PSOE, no procedemento contra Montoro e o seu policía patriótica no Ministerio de Facenda".
O responsable de Organización sinalou que nas pezas aparecidas na prensa "constátase que o Goberno de Rajoy recibía chivatazos previos sobre actuacións xudiciais contra o líder do Partido Socialista en Galicia, Besteiro, e contra o alcalde socialista de Lugo, Orozco", e lembrou que ambos "foron vítimas dunha longa persecución xudicial que os apartou inxustamente da política a pesar de ser inocentes".
Precisamente, o actual secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, permaneceu apartado do política oito anos tras as investigacións xudiciais abertas contra el. "Tanto é así, que hai que lembrar que a xuíza responsable, Pilar de Lara, foi sancionada polas súas condutas nestas instrucións irregulares", lembrou Lago Lage.
O socialista considerou "gravísimo" que o Goberno de Rajoy soubese previamente cando se ían a chegar a cabo rexistros polas institucións gobernadas polos socialistas. "Isto é gravísimo. Sabíao a pesar de estar a causa baixo segredo de sumario. Sabíao aínda que vulnerar o segredo de sumario sexa un delito en España. Pero o PP sabíao todo", subliñou o secretario de Organización, que, ademais, ve necesario "aclarar se Roda e Feijóo sabían algo". "Casos como este non deberían ocorrer nun Estado democrático", concluíu Luis Ángel Lago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.