O xacemento de Alto da Raia atópase entre Montalegre (Portugal) e Calvos de Randín (Galicia) e ten características únicas no noroeste peninsular. Está datado entre o I a.C e o I d.C e está situado nun antigo emprazamento da idade do Bronce.
Patrimonio dos Ancares informa do posible descubrimento doutro círculo da Idade do Bronce en Paradela. Este ano informaron doutros dous semellantes no Corgo, xa catalogados.
Soterrados baixo terra, cubertos de eucaliptos, situados en pendente... Non teñen aínda nome propio e non deixan de aparecer ao longo do territorio galego. De respostar ás moitas preguntas que xorden ao redor destes círculos invisibles estariamos a coñecer un período moi descoñecido da nosa historia.
  comenta   0