Podemos Galicia critica así mesmo a pretensión da empresa de financiar parte do proxecto con fondos europeos.
Santiago acollerá a única asemblea en Galicia para preparar o congreso fundacional de Sumar a nivel estado do 23 de marzo.
  comenta   0
O resultado supón un golpe para Sumar, que non logra as súas mínimas expectativas de conseguir dous escanos (en Pontevedra e Coruña) para ser claves na gobernabilidade se o PP perdía a maioría absoluta.
  comenta   0
"Que non quede ningunha papeleta en casa, porque votar vai de cuestións tan importantes como o dereito á vivenda, o dereito á sanidade pública ou o dereito a ter unha atención primaria adecuada. Vai da transición verde, vai de feminismo, vai dos dereitos fundamentais dos galegos e as galegas", defendeu Lois.
  comenta   0
Galicia Confidencial entrevistou aos principais candidatos das eleccións galegas; Ana Pontón (BNG), José Ramón Besteiro (PSdeG), Marta Lois (Sumar Galicia) , Isabel Faraldo (Podemos) , Armando Ojea (Democracia Ourensana) e Pachi Vázquez (Espazo Común Galeguista). Só o PP rexeitou a oferta de entrevista de Galicia Confidencial, o xornal decano dos medios de comunicación en galego.
  comenta   2
Milleiros de persoas enchen os mítines de PPdeG, BNG e PSdeG. Nacionalistas e socialistas falan dun "cambio histórico" na Xunta, mentres que os populares apelan ao voto útil dos que voten a Vox e DO para evitalo.
  comenta   0
Marta Lois diferenza a súa forza do resto de partidos progresistas: son a "garantía" de que se poñan en marcha medidas "valentes". Así o reiterou no mitin celebrado no hotel Palacio do Carmen en Santiago de Compostela.
  comenta   0
O líder do PPdeG, Ana Pontón e Besteiro, acudirán ao acto que homenaxea mañá ás vítimas do 'Villa de Pitanxo' no segundo aniversario do afundimento do pesqueiro en augas de Terranova.
  comenta   0
A candidata do BNG, Ana Pontón, será a máis madrugadora en exercer o seu dereito ao voto e a cabeza de lista de Vox, Álvaro Díaz Mella, o que o fará máis tarde.
  comenta   0
A tamén vicepresidenta segunda do Goberno central dixo que Sumar "sabe para quen goberna", que é a clase traballadora. "Queda moito por facer, como a redución da xornada", engadiu, pedindo aos preto de 150 asistentes ao mitin que se mobilicen o vindeiro domingo. "Eles votan todos, os vivos e os mortos", engadiu.
  comenta   0
A candidata de Sumar á Presidencia da Xunta está convencida de que haberá cambio de goberno o 18F pero será, insiste, a tres, coa súa formación como "motor" dese cambio. Chama a unha mobilización masiva do voto e critica a campaña do PP de tentar adormecer a campaña. Destaca o papel de Yolanda Díaz e critica a Pontón por tentar facer xa gobernos cando aínda non houbo eleccións.
  comenta   0
Lois sobre o cara a cara entre Pontón e Besteiro: "Non é un debate" senón "unha escenificación baleira". A candidata de Sumar á Presidencia da Xunta cualificou de "lamentable" o debate que TVE organiza este mércores.
  comenta   0
"Estas eleccións non van de axudar ao señor Feijóo, senón dos dereitos dos traballadores, das súas liberdades, dos seus problemas, da sanidade ou dos servizos públicos; da dependencia ou do ensino", reivindicou.
  comenta   0
A enquisa preelectoral do CIS correspondente ao mes de xaneiro, deixaba ás líderes galegas de Sumar e Podemos moi lonxe de ser opcións tidas en conta pola maioría dos galegos. De feito, un 35,1 % dos galegos dicían nin coñecer a Marta Lois, e un 55,8 % dicían tampouco coñecer a Isabel Faraldo.
  comenta   0
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro asegurou que o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, "non quere debater" porque non quere ver "a realidade galega".
  comenta   0
A portavoz de Feminismos, Igualdade e Dereitos LGTBI+ de Sumar, Elizabeth Duval, alertou dun PP que a nivel estatal "está a recortar permanentemente dereitos LGTBI e pondo en perigo conquistas". "Somos pioneiras", salientou Marta Lois, quen indicou que Sumar "vén para aprobar e avanzar moito máis alá dos mínimos desa lei" de 2014.
  comenta   0
Como dicía Catón "non perdas o tempo en discutir cos estúpidos e os falabaratos: a palabra téñena todos, o bo xuízo só uns poucos".
  comenta   1
O Galicia Confidencial lanzou unha enquisa na rede social X preguntando pola gañadora, entre as tres forzas con actual representación no Parlamento galego, do debate electoral deste luns. Ana Pontón obtivo o 79,6 % dos votos. En Instagram, por outra banda, chegou ao 80 % dos votos.
  comenta   0
O forte enfrontamento entre Pontón e Rueda deixou aos dous dirixentes moi tocados, especialmente, na segunda parte do debate. Besteiro tentou aproveitar a súa faciana máis institucional, Lois presentouse como a chave do cambio e Faraldo foi a máis crítica.
  comenta   15
Pontón insiste en que teña un debate con ela, Besteiro denuncia o "legado nefasto" do PPdeG e Marta Lois di estar convencida de que o 18F haberá cambio en Galicia.
  comenta   0
Rueda pide apoio para frear aos que buscan "dar nos narices" a Feijóo. Ana Pontón e Besteiro insisten na mobilización para o "gran cambio" en Galicia e Marta Lois di que Sumar xogará un "rol fundamental" nese cambio.
  comenta   0
A candidata de Sumar Galicia á presidencia da Xunta, Marta Lois asegurou que "non é de recibo" que as universidades públicas galegas "invistan moito esforzo en formar a xente nova" que despois "queda en universidades europeas, de Estados Unidos, de Latinoamérica ou de Canadá".
  comenta   0