O Goberno galego si dá o visto bo ambiental á liña de alta tensión desde o parque de Monteagudo ata Morás.
  comenta   0
Non está incluída no catálogo de especies invasoras. "A xente non é mala, non fai as cousas por mal adrede, senón por falta de coñecemento", asegura Saleta González, bióloga da Sociedade Galega de Historia Natural, que está convencida de que "o problema coas especies invasoras máis importante que temos é que non se están levando a cabo accións de prevención".
  comenta   0
O propietario é un veciño que Ourense que, aínda que estaba habilitado como piloto de dron, non consultara, como é obrigatorio, a páxina Enaire Drones para comprobar a información aeronáutica diaria para ese día, coas restricións actualizadas.
Entidades ecoloxistas e políticos denuncian que a Xunta reduciu a zona de protección proposta para a Rede Natura na zona onde se proxecta a planta de Altri. Hai tres especies en perigo de extinción. O Ministerio de Transición Ecolóxica recomenda á Xunta ampliar a Rede Natura Serra do Careón pola presenza de especies protexidas.
  comenta   2
Ramón Ignacio Sánchez Álvarez, xefe do distrito forestal VII-Fonsagrada-Os Ancares, conta que "foron moitas cousas as que xogaron na nosa contra aquel día 28 de marzo de 2023": unhas condicións climáticas excepcionais para a época do ano, medios de extinción traballando a medio gas, humidade contida na vexetación, instruccións interpretadas erróneamente e parte de efectivos sen experiencia en grandes incendios.
  comenta   1
Algúns, como o castiñeiro de Soutogrande ou o de Oreal, están valorados en máis de 700.000. Aquí chos presentamos, da man do profesor do Departamento de Produción Vexetal da USC Antonio Rigueiro.
  comenta   0
A deputada do BNG Mercedes Queixas trouxo a colación en comisión parlamentaria un informe sobre o impacto dos cultivos forestais no patrimonio natural e cultural de Galicia.
  comenta   0
Terán lugar o sábado 25 e domingo 26 de novembro na Escola de Enxeñaría Forestal do Campus de Pontevedra, cun programa con coloquios que permitirán profundizar nas problemáticas ambientais actuais.
  comenta   0
Como excepción atópanse as augas salmoneiras e de montaña, onde empezará máis tarde, o 1 de maio.
  comenta   0
Trátase do Lycopodiella inundata, un fento que se atopa nos montes de Cábado e Montouto, entre os concellos de Campo Lameiro, Cuntis, A Estrada e Cerdedo-Cotobade
  comenta   0
O DOG publica as axudas concedidas para a produción e comercialización de produtos apícolas.
  comenta   0
Un informe conclúe que o seu monocultivo produce perda de bosques autóctonos, uniformización e efectos sobre a fertilidade do chan. E é que o eucalipto ocupa case 1,5 millóns de hectáreas en Galicia e Portugal (con datos de 2021), o que contrasta coas ao redor de 100.000 hectáreas que só hai no resto de países europeos no seu conxunto.
  comenta   0
"O Goberno central faría ben se, como en tantas outras cousas, seguise o exemplo do que se fai en Galicia", defenden os populares, destacando que a comunidade conta cun plan de xestión do lobo desde 2009 que permitiu aumentar o número de mandas. Afirman que o lobo en Galicia non só non está en regresión, como asegura o Executivo estatal, "senón todo o contrario".
  comenta   0
Deputación da Coruña e a USC colaborarán para impulsar o valor natural desta serra.
  comenta   0
"Un percorrido de 19 quilómetros en total que converte a esta proba nunha das máis esixentes fisicamente de Europa e que esta edición congregará a 140 atletas procedentes de 14 comunidades autónomas e de países como México, Arxentina, Cuba, Portugal, Andorra e Francia", destacou a Xunta.
  comenta   0
O Xulgado de Instrución número 3 investiga a talla de sete árbores centenarias, unha actuación que Patrimonio Natural freara en maio, durante as obras do aparcadoiro do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo (Centrade).
A Xunta de Galicia destina 370.000 euros para atender as solicitudes que cumprindo os requisitos se quedaron fóra das primeiras axudas por falta de financiamento.
  comenta   0
O último informe do Consello da Cultura Galega di que non se levou a cabo o proceso de recoñecemento e salvagarda dos elementos patrimoniais, naturais e culturais previo á tramitación do parque.
  comenta   0
Adega presenta un contencioso-administrativo contra o paque Campos das Rosas, entre A Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade porque provocará unha importante alteración do réxime hídrico e afectará a especies en perigo de extinción.
  comenta   1
As BRIF, 1.400 efectivos da UME, a DXT, hidroavións operados por Defensa previrán e extinguirán o lume este verán.
  comenta   0