Todos os casos rexistrados son leves, con cadros autolimitados e sen ingresos en planta de hospitalización.
Denuncia que leva máis dun ano sen reunirse e ten 25 informes pendentes. Pola súa banda, Ana Miranda, defendeu a necesidade de implantar un Estatuto Europeo do Artista.
  comenta   0
En función da zona, o limiar de activación das alertas por calor ten un valor diferente: desde os 25,5 graos na Maruña lucense ata os 37,5 graos da zona ourensá do Miño
  comenta   0
A concelleira popular que chamou 'imbécil' a un edil do BNG descúlpase e denuncia unha campaña difamatoria. Os representantes dos grupos da oposición (BNG, PSOE e Ponteareas en Común) denuncian o ocorrido no pleno e lamentan as "carencias democráticas" do goberno local
  comenta   0
Gómez Caamaño tamén urxiu a "prestixiar a atención primaria e a figura do médico de familia porque son os máximos responsables da nosa saúde"
  comenta   0
O consello da Xunta deu luz verde este luns á contratación, por procedemento de emerxencia, do servizo de transporte sanitario urxente na área de Vigo, cun orzamento de 2,9 millóns de euros (sen IVE) e 6 meses de duración, mentres se tramita un novo contrato por procedemento aberto.
"Non pode ser que no Sistema Nacional de Saúde non estea incluída a saúde bucodental nin a saúde visual", aseverou a ministra de Sanidade, Mónica García.
  comenta   0
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o presidente do Consello Galego de Colexios Médicos e presidente do Consello Oficial de Médicos de Lugo, Eduardo Iglesias García, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Programa de Atención Integral ao Médico Enfermo (Paime).
  comenta   0
Tras abrir procedemento en febreiro, a Xunta Electoral de Galicia rexeita sancionar ao non identificarse ao responsable da infracción en "unha concreta autoridade ou funcionario".
  comenta   0
A psicóloga María Carpallo lembra que "un 43,4 % da xente que chamaba non se atopaba en ningunha situación con respecto á covid, tan só precisaba usar o teléfono porque tiña malestar emocional por estar na casa". Un 66,8 % chamaban por sintomatoloxía de ansiedade; un 30,5 % por sintomatoloxía depresiva; e un 13,9 % por problemas familiares.
  comenta   0
Termina sen acordo a reunión entre persoal de ambulancias de Vigo e Consellería. O Sergas pide "responsabilidade" a sindicatos e estes critican a "nula" intervención da Xunta e exporán unha posible folga.
Fai catro anos moitos organismos e institucións puxeron en marcha teléfonos de atención durante a crise do covid, todos querían axudar, pero o certo é que "houbo un problema de organización e coordinación". Así o considera a psicóloga Lourdes Fernández Márquez, que pide que, de cara a emerxencias futuras, sexan "os colexios profesionais os que dean promoción, organización e coordinación a este tipo de servizos de axuda".
  comenta   0
Os sindicatos quedan cunha "boa sensación" tras esta primeira reunión a pesar da súa queixa unánime da semana pasada por non ser convocados a un acto para a presentación do novo equipo da Consellería
  comenta   0
Este colectivo suxire que o desaxuste entre o orzamento inicial e o gasto final é "para ter as mans libres para contratar coa privada".
  comenta   0
A área sanitaria de Santiago defende que os pacientes "teñen unhas esperas axustadas ás recomendacións" e están a disposición "todos os recursos"
Gómez Caamaño cualifica como "excepcional" o traballo de García Comesaña, pero apela a "pensar de maneira creativa" para solucionar "dificultades". "Hai cousas que se fan aquí (na Consellería) que están moi ben e que fóra non ven tan así", dixo.
  comenta   0
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) urxe á Xunta a tomar medidas ante esta problemática.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, expuxo unha "implantación progresiva" das medidas comprometidas, co inicio primeiro en "grupos prioritarios" e logo chegar "ás mulleres que o desexen".
  comenta   0