O coñecido actor Martin Sheen (en realidade Gerardo Antonio Estévez) e o seu fillo Emilio Estévez, presentaron hoxe o filme 'The Way' sobre o Camiño, unha experiencia mediante a que, segundo din, recuperaron as raíces galegas...
Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/11/2009
"Para min é unha milagre ter feito esta película na terra do meu pai. É a mellor experiencia da miña vida", asegurou Sheen en alusión ao seu pai, Francisco Estévez, un emigrante de Salceda de Caselas, que emigrou primeiro a Cuba e logo aos EE.UU, onde coñeceu a unha irlandesa refuxada da Guerra de Independencia de Irlanda e simpatizante do IRA, coa que casaría pouco despois.
Sheen nunca renegou da súa orixe como xa temos dito aquí e xa visitou Galicia en varias ocasións, incluído o pobo de su pai, Parderrubias. "Aínda que naceu o mesmo día que estalou a Guerra entre EE.UU e España, sempre amou os Estados Unidos, igual que nunca esqueceu a súa terra", dixo ao suliñar que o país norteamericano tivo e aínda ten unha grande débeda cos seus emigrantes. Por iso, non descartou facer unha película que resalte o valor humano e social dos emigrantes que, como seu pai e súa nai, construiron os EE.UU.
Emocionouse Sheen ao lembrar a figura do seu pai, ao igual que fixo o seu fillo, Emilio Estévez, para quen a película conseguiu a milagre de sentirse coma un galego, coma seu avó. "E mira se non houbo milagres que me dixeron que era unha tolemia gravar nesta época en Galicia e mira que días tivemos. Só dous con chuvia", dixo satisfeito.
The Way é a historia de Tom Avery, un roftalmólogo que vive en California. Un día recibe unha chamada desde Francia na que lle din que o seu fillo Daniel morreu nun temporal nos Pirineos mentres facía o camiño. A pesares de non ter boa relación, o paí decide seguir o camiño do seu fillo e completar a ruta xacobea.