O fillo dun galego de Parderrubias

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/08/2009 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Estes días anda pola nosa terra o fillo dun galego de Parderrubias, Salceda de Caselas (Pontevedra), Ramón Gerardo Antonio Estévez, mundialmente coñecido coma Martin Sheen. O actor estadounidense non renega das súas orixes e agora quere facer unha película sobre o Camiño. Ademáis de activo pacifista e defensor dos dereitos humanos, disque lle encantan os pobos pequenos, como o de Parderrubias, e poder ir a Igrexa andando. Non renega das orixes e, sobre todo, da educación do seu pai, polo que profesa unha grande admiración tal e como confesa neste recoñecido programa televisivo.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 ÉCHE O QUE HAI

A CIG de Ferrol esixiu a semana pasada a dimisión ou o cese da Directora Xeral de Colocación e Formación da Xunta de Galiza, ao ser esta condenada polo xulgado do Social Nº2 de Ferrol, en Sentenza Firme, solidariamente polo despedimento dunha traballadora que nin estaba dada de alta na Seguridade Social, nin posuía contrato de ningún tipo. Tamén son varias, separadamente da sentenza firme reseñada, as demandas de cantidades que varias traballadoras teñen interposto diante da xustiza contra este cargo da Xunta.
Asi, segundo un comunicado da súa páxina web, dende a comarca de Ferrol da CIG critican as "escusas e falsos argumentos" achegados pola consellaira para defenderse, xa que "queremos deixar ben claro, que a Directora Xeral, foi condenada en sentenza firme polo despedimento dunha traballadora que estaba a desenvolver as suas tarefas incumprindo totalmente a lexislación laboral, e que é esa mesma lexislación a que a Directora Xeral debe facer cumprir".
Sentenza e condena en firme
"A sentenza é polo tanto firme e non foi recurrida no seu momento pola Directora Xeral", explican dende a CIG e engaden que "se pretende enganar por parte da consellaría á cidadania, expresando nos medios que foi condenada subsidiariamente, é dicir, que faría fronte aos pagos no caso de que non o fixese a empresa do seu pai e da súa irmá".
A CIG-Ferrol lembra que "a sentenza ten condenado á Directora Xeral de xeito solidario, isto é que ten que pagar solidariamente coa empresa", e fica como feito probado que a Directora xeral despediu persoalmente á traballadora, que estaba a traballar en fraude de Lei.
Sinalan que "a conselleira pode disfrazar os feitos, mais os feitos están transcritos nunha sentenza xudicial sen recurso posíbel, e o resto son xustificacións inaceptábeis".
Outras demandas
Dende o comunicado, a CIG explica que tamén son varias, separadamente da sentenza firme reseñada, "as demandas de cantidades que varias traballadoras teñen interposto diante da xustiza contra este cargo da Xunta. A Directora Xeral, ten sido demandada por impago de salarios por duas traballadoras, a través dos organismos da propia consellaría de Traballo, o SMAC (Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación)".
A través do SMAC foron citadas as partes para o día 12 de agosto ás 10:30 horas no citado servizo en Ferrol. A CIG Ferrol informa que "lamentabelmente, a demandada, a Directora xeral, facendo caso omiso da obrigatoriedade que a Lei establece respecto á asistencia a dito acto, non compareceu. Este semella ser o valor que lle dá á Lei a Directora Xeral. Agora o asunto pasará a engrosar os expedientes a tramitar por uns desbordados Xulgados do Social de Ferrol, ao non ter comparecido, nin procedido a abonar os salarios adebedados".
Esta nova denuncia á Directora Xeral, segundo a CIG, "é dunha traballadora que prestaba servizos a tempo parcial coma a súa Empregada do Fogar e ademais facíao na empresa que rexentan seu pai e mais seu irmán. Ao igual que outra traballadora, carecia de contrato e alta na Seguridade Social, sendo ambas as dúas despedidas verbalmente, despedimentos que xa foron declarados xudicialmente como improcedentes".

6 Zutabe

Iso digo eu, leva a un conxunto de videos, bastante frikis por certo.

5 alberto

por certo, se a alguén lle interesa o tema do post, o link non vai :-(

4 Gañanancia

Titiña, é Martin Sheen, que non é Manquiña. Un home coñecido universalmente e que será recordado en todo o mundo polos séculos dos séculos. Menos gañanancia, por favor.

3 Tita Cervera

E non somos un pouco paletos dándolle tanto bombo a un actor como este.