Anulado contrato abusivo do Santander na Coruña

Economía - 04 Febreiro 2012

O banco vendeu un produto financeiro complexo sen explicar ben os riscos ao cliente. Unha eiva similar é pola que protestan os cidadáns atrapados nas accións preferentes das caixas galegas. PDF da sentencia no interior.

La Caixa, Santander e BBVA, favoritos para facerse co aforro galego

Economía - 03 Febreiro 2012

Feijóo segue calado 24 horas despois de que o Estado decretase unha reforma que, na práctica, dá o tiro de gracia á 'Operación Castellano' que impulsou á Xunta.

O paro segue a medrar máis en Galicia ca en España

Economía - 02 Febreiro 2012

Durante o mes de xaneiro, o paro incrementouse en Galicia en 13.050 persoas (5,05%), a quinta maior suba total de España e a sexta en termos porcentuais. Isto sitúa a actual cifra de parados e paradas como a maior de toda a historia. Valoracións de CC.OO e PSDeG no interior.

A SOGAMA do Irixo no aire pola fin das primas eólicas

Economía - 02 Febreiro 2012

A adxudicataria admite que a planta pode atrasarse mentres Feijóo busca que Madrid non cancele as subvencións e tire polo chan o proxecto estrela do seu polémico plan eólico.

Posíbel ERE en NovaGalicia Banco antes doutra fusión

Economía - 31 Xaneiro 2012

A entidade quere botar 650 traballadores máis este ano. O futuro da entidade galega pendente da reestruturación do sector bancario que o Goberno de España anunciará este venres. La Caixa e Santander son as grandes favoritas para facerse co banco galego nunha nova onda de fusións.