A fenda entre o mundo rural e o urbano comeza a ser preocupante.A conversa tivo lugar nunha coñecida discoteca da Fonsagrada onde unha gandeira local estaba a conversar cun mozo provinte da Coruña.
O novo produto conterá todas as merdas que os hipsters lle botan á xenebra.
Agárdase que cumpra coa tradición popular de herdar os cargos institucionais do seu proxenitor.
As continuas confusións de medios de comunicación estatais na localización das cidades galegas leva a tomar a decisión de emerxencia de bautizar a cidade da Coruña como “Vigo de Arriba”.
O deputado de Podemos Íñigo Errejón converteuse na noite do martes no segundo reforzo do PSOE tras superar a revisión médica.
Varias persoas afíns ao sector oficialista de EnMarea aseguran que axentes exóxenos ao proceso, probablemente rusos, poderíanse ter visto involucrados nas votacións desta pasada fin de semana.
Arqueólogos acaban de facer o extraordinario achádego dunha necróple en Nogueira de Ramuín que estaba habitada na súa totalidade por porteiros da Deputación.
O ISIS acaba de facer público o seu posicionamento a favor da candidatura encabezada por Luis Villares.
José María Aznar renunciou á presidencia de honor do Partido Popular e, segundo informan fontes próximas ao ex presidente, fundará o seu propio PP.
Fontes do goberno galego indican que o diñeiro mellor destinalo a axudar aos bancos coas cláusulas chan e apoiar a La Voz.
Alberto Núñez Feijóo recíbenos no seu despacho de Monte Pío. Está sentado diante da súa mesa e sobre a cabeza ten pendurado un cadro de Manuel Fraga Iribarne posando coma Atlas, espido e co mundo sobre os seus ombreiros. Arrepiado pola imaxe, decátome de que o presidente ten a mirada fixa nun libro. Parece concentrado e non se decata da miña presenza. Tuso levemente para facerme notar e o presidente, sorprendido, érguese da súa cadeira para saudar.
Xosé Seoane Berzas, máis coñecido como O Kale polos seus amigos hipsters, foi detido por intento de atentado terrorista a pasada tarde. A policia tívoo detido ata escoitar a súa declaración do acontecido e deixalo en liberdade.
Un grupo de veganos emula a tradición galega e celebra a primeira matanza vegana en Galiza.
A CRTVG despedirá a toda a equipa de redacción por considerala innecesaria e pasarán a ler en alto La Voz de Galicia durante a emisión dos distintos telexornais.
“Vas querer saber a porco”, é un dos eslogans que se baralla para a campaña da coñecida marca.
TuteCabrón, a serie sobre a política galega será estreada en xaneiro pola CRTVG, no que pretende ser a House of Cards galega.
Josito era gandeiro. Os prezo do leite non permitía vivir e decidiu cambiar o modelo de negocio. “O do leite non daba para nada así que díxemen: Josito, teste que facer emprendedor”, comenta. Así foi como Josito comezou a madurar a idea de abrir un negocio de restauración.
Este outono Larsa aposta pola innovación e lanza en exclusiva mundial o primeiro iogur de Licor Café. Nesta ocasión Larsa presentano un iogur cremoso e con reminiscencias ao sabor do café. Analizámolo en profundidade. Vídeo no interior.
En Marea atenderá a petición da cerveceira e cambiará o seu logotipo para que ninguén poida pensar que a Mahou non é unha cervexa.
Forzará ao ex maxistrado a ir en bicicleta se os traxectos son de menos de 30 quilómetros e a utilizar a coñecida aplicación para compartir coche se supera a treintena.
Estes e outros fenómenos estraños centrarán un programa especial que emitirá Cuatro e no que Iker Jiménez se desplazará a Galiza para analizar os fenómenos paranormais que fan que as galegas e galegos voten maioritariamente ao Partido Popular.