GC TV - 12 Marzo 2010
A pesar do suposto acordo acadado entre a Autoridade Portugaria e o Concello de Vigo para limpar a vella nave de cableros, demolida por orde de Corina Porro e a oposición de Abel Caballero, o certo é que os cachotes seguen a vista de todos, sobre todo, nunha época na que comezan as tempadas dos cruceiros.
GC TV - 11 Marzo 2010
O xornalista, historiador e documentalista Alfonso Arteseros, colaborador de Intereconomía, convida ao alcalde da Coruña a "comer unhas gambas" en Madrid para explicarlle quen era Millán Astray "porque es parte de las historia de los españoles". E comparando aos coruñeses cos madrileños asegura; "nosotros en Madrid no metemos la gamba, nos la comemos".
GC TV - 10 Marzo 2010
O número dous do PSOE instou ao PP a que se sume a un gran pacto polo emprego e lle pediu que se "comprometa" co "interés xeral de España" para que España volva a crecer e crear emprego. "El PP tiene que estar a la altura. Veo el acuerdo al alcance de la mano. Desde que propusimos este acuerdo el PP moderó sus críticas pero no entiendo como se dice que se comparten nuestras propuestas pero luego se rechazan", apuntou nun mitin en Lugo.
GC TV - 09 Marzo 2010
O Salón Eros Galicia 2010 pechou as portas logo dun fin de semana cheo de actividades no recinto feiral de Expocoruña coas mellores estrelas do porno galego e internacional. Este ano a afluencia feminina foi maior que o pasado ano pero houbo menos público que o pasado ano.
GC TV - 08 Marzo 2010
Preto de 400 persoas segundo os organizadores reclamaron este domingo na Coruña ao Goberno de Zapatero que respecte a vida e que renuncie ao novo proxecto lexislativo que permite a interrupción voluntaria do embarazo a menores.
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade