Novos datos da Operación Campeón salpican á Xunta

GC anticorrupción - 04 Decembro 2011

A xuíza investiga a trama de empresas da muller dun alto cargo do IGAPE, que recibiron 7 millóns deste departamento. Os conselleiros Rueda e Guerra escolleron unha delas para presumir de Plan Ferrol.

Investigan unha trama para amañar contratos da Xunta

GC anticorrupción - 02 Novembro 2011

Un funcionario do Consello Galego da Competencia alerta que un grupo de construtoras pactan entre elas para repartirse as adxudicacións. O PSdeG pide explicacións na Cámara.

A Xunta autorizou o vertido do empresario que regalou o Porsche

GC anticorrupción - 30 Outubro 2011

En 2009 a Xunta abriulle expediente sancionador a Manmer por verter a area “potencialmente contaminante” preto dun río. Esta primavera autorizoulle o vertedoiro sen que haxa noticia dalgunha multa. Manmer é propiedade do empresario que presuntamente regalou o Porche ao deputado do PP que dimitiu o sábado.

Rede de farmacias puido colaborar na fraude de Nupel

GC anticorrupción - 02 Xuño 2011

Inspectores da Xunta atopan indicios de facturas falsas de reventa masiva de medicamentos dende boticas ás empresas de Dorribo, o empresario detido na Operación Campión, e agora denunciado polo secretario da patronal luguesa.

O narcotráfico iniciou a Operación Campión

GC anticorrupción - 26 Maio 2011

Dous altos cargos da Xunta libres con cargos pola trama; a Consellería de Industria do bipartito nomeou "entidade colaboradora" a unha das firmas investigadas; presuntos vínculos con Cacharro... GC aporta claves da investigación que sacude Galicia.