Unha desas compañías que parece ter detrás un nome xa histórico, Riotinto, aínda que hogano esteamos a falar dunha empresa tan moderna que ten razón social variábel e que non se sabe nin de onde é, xa que estes negociantes da globalización son tan cosmopolitas que sitúan o seu enderezo fiscal onde lles cadre (e os cartos ninguén sabe onde), presenta un proxecto que, entre outras obras, inclúe a construción de dúas balsas, para despois enchelas de residuos contaminantes.