Dende 1970 ata 1993, miles de toneladas de residuos radioactivos foron vertidas sen seguemento na fosa atlántica galega, confiando na dilución mariña. O silencio e a falta de estudos posteriores agochan un problema ambiental sen resolver, ao que non se lle volveu prestar atención. José Juste, asesor do Goberno español na Convención de Londres, explica como foi evolucionando a normativa sobre estas verteduras.
Un incendio forestal con tres focos atópase activo no municipio lucense de Monforte de Lemas, concretamente nas parroquias de Moreda e de Seoane, segundo detallou a Consellería do Medio Rural.
"A configuracíon seleccionada produciría impactos ambientais significativos sobre o medio ambiente, principalmente un impacto crítico sobre o patrimonio natural que non pode ser mitigado", advirte a Dirección Xeral de Calidade Ambiental.
Unha empresa galega combina predicción meteorolóxica e análise de esporas para reducir tratamentos e protexer o viñedo. A tecnoloxía desenvolvida por Monet Viticultura permite aforrar ata un 30 % en produtos fitosanitarios e mellorar a saúde do viñedo.
As accións desenvolveranse en Curtis, Gondomar e o Xurés no marco do programa europeo GIFT, cun enfoque en restauración de sebes e instalación de caixas para fauna arborícola
Un total de 7.000 profesionais estarán dispoñibles para a época de alto risco en Galicia, xunto a unha trintena de medios aéreos e 380 motobombas
A ministra Aagesen: "estamos lonxe das 500 mandas recomendadas". Transición Ecolóxica sentenza que o lobo está en estado "desfavorable" en España e non pode haber "controis letais". WWF alerta de que a poboación de lobo está "estancada" en España e cre que debe volver á protección especial.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, critica que o Goberno non traslade ata este venres, 27 de xuño, na Comisión Sectorial de Medio Ambiente, datos sexenales sobre o lobo
Investigadores advirten da necesidade de coidados para as turbeiras do Larouco e outros humidais. Subliñan en Baltar o papel das turbeiras como sumidoiros de carbono e a súa función de depuradoras naturais das augas nos sistemas hídricos.