Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 01/07/2025 | Actualizada ás 13:22
A Xunta considera "inviable por razóns ambientais" o proxecto de parque eólico singular de 'Fofe modificado', no concello de Covelo, motivo polo que arquiva as actuacións relativas á tramitacion da avaliación de impacto ambiental. En concreto, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes un anuncio polo que se fai pública a resolución pola que finaliza dita avaliación simplificada, "por inviabilidade ambiental do proxecto", que estaba promovido por Sestelo Eólica.
O proxecto tiña por obxecto executar un parque eólico de 3,45 MW de potencia total en Covelo, composto por un aeroxerador e a súa infraestrutura asociada. "A configuracíon seleccionada produciría impactos ambientais significativos sobre o medio ambiente, principalmente un impacto crítico sobre o patrimonio natural que non pode ser mitigado", advirte a Dirección Xeral de Calidade Ambiental. Así as cousas, resolve dar por finalizada a tramitación, ao determinarse de forma motivada que o proxecto "terá efectos adversos significativos sobre o medio ambiente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.