Asemblea urxente do Encontro Irmandiño para decidir o seu futuro no BNG

Política - 03 Febreiro 2012

A Coordinadora do Encontro Irmandiño (EI) mantivo unha xuntanza na noite do xoves e por unanimidade decidiu saír do BNG. Con todo, a decisión teñen que tomala os afiliados. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza apostan por saír.

Pepe Blanco mobiliza o voto de Rubalcaba en Galicia

Política - 03 Febreiro 2012

Pachi Vázquez, Abel Caballero e López Orozco amosan o seu apoio público a Rubalcaba. Unha decisión que rexeita o sector crítico do PSdeG e que provoca malestar no ex ministro Francisco Caamaño. Video e valoracións no interior.

"Xa lle dixen a Guillerme que poño o cargo a disposición"

Política - 02 Febreiro 2012

Aymerich argumenta que "hai que cumprir as normas" que aprobou a propia Asemblea do BNG e que impiden que un líder dunha corrente, coma el en +G, sexa tamén voceiro parlamentario. Vídeo exclusivo no interior.

Baltar Blanco do seu pai: "Dicir José Luis Baltar é dicir Ourense"

Política - 02 Febreiro 2012

O futuro presidente da Deputación de Ourense destaca as "vitorias" colleitadas polo seu pai e o "apoio" da xente que tivo o seu pai durante os 22 anos de goberno. Vídeo no interior.

A UPG advirte que "non podemos seguir como até o de agora"

Política - 01 Febreiro 2012

Os irmandiños reúnense este xoves para avaliar o que consideran un "empate técnico" na Asemblea do Bloque. O futuro de Aymerich como voceiro parlamentar tamén pende dun fío. Vídeo da intervención de Beiras a porta pechada na Asemblea no interior.