Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/08/2025 | Actualizada ás 20:33
A deputada e portavoz de Sanidade Hospitalaria do BNG no Parlamento galego, Iria Carreira, denunciou unha situación de "colapso" na sanidade pública galega con "saturación" nalgunhas Urxencias. Nun comunicado, reclama ao Goberno autonómico "un cambio de rumbo na súa política sanitaria porque, coa que está a aplicar agora, dinamita o sistema público e pon en risco a saúde".
Os nacionalistas denuncian "a falta dun plan serio para garantir o bo funcionamento da rede sanitaria durante os meses de verán e o peche de camas". "E un cadro de persoal baixo mínimos", engade para pór como exemplo a "saturación", sostén nas Urxencias do Hospital Clínico de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.