Cantos residuos radioactivos hai no fondo do mar fronte as costas galegas?

Unha expedición francesa busca bidóns radioactivos na nosa costa e a Xunta esixe información ao Goberno

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2025 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

A Xunta, a través da Dirección xeral de Calidade Ambiental, solicitou ao Consello de Seguridade Nuclear, dependente do Goberno, información sobre a expedición oceanográfica francesa que, segundo sinala, "localizaría máis dun milleiro de bidóns con residuos radioactivos en fondos mariños fronte á costa galega". Nunha carta remitida ao secretario xeral do Consello de Seguridade Nuclear, a directora xeral de Calidade Ambiental, María José Echevarría, solicita información a este departamento no marco das funcións da Xunta "en materia de residuos dentro da Comunidade autónoma de Galicia".

Así mesmo, lembra que a normativa sitúa ao Consello de Seguridade Nuclear como o organismo competente en seguridade nuclear e protección radiolóxica, incluíndo a supervisión e control dos residuos radioactivos. Neste contexto apunta que, co "único obxectivo de manterse informada", a Administración autonómica agradecería que se lles trasladase se desde ese organismo está a levarse a cabo algún tipo de seguimento técnico ou ambiental en relación con estes achados.

Precisamente, varios medios publican que o buque oceanográfico francés L' Atalante localizaría o primeiros mil barrís con restos radioactivos fronte a Galicia.

O BNG ESIXE INFORMACIÓN Á COMISIÓN EUROPEA

Tamén sobre este asunto, nun comunicado, a eurodeputada do BNG Ana Miranda explica que se volveu a dirixir de novo á Comisión Europea para interesarse sobre os residuos radioactivos vinculados ás verteduras fronte á costa galega entre os anos 1940 e 1985. "Como eurodeputada do BNG dirixinme hoxe á Comisión Europea para lembrarlle que non fixo o seu traballo respecto da investigación dos residuos radioactivos da fosa atlántica", sinala.

Ana Miranda explica que se trata da cuarta pregunta que dirixe á CE sobre este asunto, na que reclama unha investigación europea. "Non pode ser que Galicia recibise o lixo europeo e que, a día de hoxe, a UE non tomase ningunha medida", subliña. Ana Miranda asegura que a propia Comisión Europea "recoñeceu a existencia de residuos nucleares fronte á costa de Galicia" e indicou que "carece de estudos actualizados sorbe o seu impacto", ademais de "pospor repetidamente a vixilancia da radioactividade mariña nas augas de Galicia".

Piscinas con material radiactivo similares ás de Fukushima na central nuclear española de Garoña
Piscinas con material radiactivo similares ás de Fukushima na central nuclear española de Garoña | Fonte: Arquivo

Sinais de radioactividade
Sinais de radioactividade
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta