Regularizadas novas explotacións areeiras na Lagoa de Antela que chegarán a 15m de profundidade

A Xunta aproba o proxecto sectorial que ordena a implantación e o desenvolvemento da actividade mineira e areeira nesta comarca.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/06/2025 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta acordou esta mañá a aprobación definitiva do proxecto sectorial de

A Lagoa de Antela, Trandeiras
A Lagoa de Antela, Trandeiras | Fonte: Adegal

incidencia supramunicipal para a implantación e o desenvolvemento da actividade extractiva de area a ceo aberto na comarca da Limia, concretamente nos concellos ourensás de Sandiás e Vilar de Santos. 

O proxecto coñecido como Areeiras da Limia está promovido polas empresas Arenas Naturales da Limia, S.L., Corporación Arenera da Limia, S.L., Arenera Norteña, S.L.  

Extracción de Áridos Lima, S.L. A previsión dos seus promotores pasa por investir nos próximos 25 anos preto de 6 millóns de euros, dos que 4,96 millóns de euros se corresponderían coas partidas reservadas á mellora dos equipamentos e 629.000 euros se destinarán aos custos de reparación dos terreos afectados pola explotación, tanto dos que proceden das antigas zonas explotadas como os daquelas en que se vai actuar e as que se vexan afectados no futuro.

O proxecto sectorial aprobado esta mañá ten por obxecto regular o aproveitamento areeiro destinado á fabricación de formigóns hidráulicos e construción en xeral, que se vén facendo nesta área da Limia desde os anos 70, sobre terreos ocupados no seu día pola desecada Lagoa de Antela. Nomeadamente, na extracción de area a ceo aberto por bancos de pequena altura e ata unha profundidade máxima de 15 metros, empregando medios mecánicos e sen uso de explosivos, cun procedemento semellante ao que se veu utilizando ata o de agora.

Con esta actuación supramunicipal prevese a unión de varias parcelas, en parte das cales xa se extraen áridos na actualidade, nunha parcela única, incrementando a superficie que se vai explotar cara ao concello de Sandiás. Así mesmo, a iniciativa inclúe a recuperación dos terreos afectados de cara á paulatina creación dunha lagoa artificial en sucesivas fases espaciadas no tempo cunha periodicidade de 5 anos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta