Ángeles Vázquez sobre os bidóns radioactivos: "Galicia non ten ningún tipo de dato"

A conselleira de Medio Ambiente denunciou que o Goberno Central non lle proporcionou información á Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2025 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, denuncia que "Galicia non ten ningún tipo de dato" sobre a expedición francesa que busca bidóns radioactivos fronte ás costas galegas. En declaracións este venres, Vázquez queixouse de que non recibiron "absolutamente nada" por parte do Executivo central. "Nós pedimos, por suposto, tranquilidade, pero tamén pedimos datos", sentenciou.

A conselleria dixo "chamar a atención" que esta procura se faga enfronte da costa galega sen que o Goberno se puxera en contacto no Executivo autonómico. "Esta mesma semana estivo (en Vigo) a ministra de Transición Ecolóxica, por suposto non falou en absoluto deste tema", lamenta. Despois de que a expedición localizase os primeiros 1.000 bidóns radioactivos depositados por diferentes países durante décadas no século XX na fosa atlántica, a Xunta, a través da Dirección xeral de Calidade Ambiental, solicitou información esta semana ao Consello de Seguridade Nuclear, dependente do Goberno.

"Dirixímonos por carta, primeiro porque queremos estar informados, porque temos a costa máis longa de España, falamos de 2.500 quilómetros; pero, doutra banda, creo que a lóxica é que o Goberno español estea pendente, saiba que é o que se vai a facer, e nós, como comunidade autónoma, somos os receptores desa información", indicou Vázquez.

Previamente, leste mesmo venres, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou que o Executivo central mantense "en contacto permanente" coa expedición francesa, no que valora como unha investigación "oportuna". "Imos tratar de darlles unha solución", asegura sobre estes residuos. Explica que o Goberno está "pendente" dos resultados dos informes desta investigación, de modo que trasladará os resultados ás comunidades afectadas "con absoluta transparencia, como sempre, e con absoluta preocupación polo medio mariño".

Acción de Greenpeace contra residuos nucleares en 1982, arquivo. GREENPEACE
Acción de Greenpeace contra residuos nucleares en 1982, arquivo. GREENPEACE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta