GC Aberto

A vivenda como pilar básico do benestar persoal

O dereito á vivenda é un dereito básico das persoas, así o recolle o artigo 25 da declaración dos dereitos humanos, o artigo 11 do Pacto internacional dos dereitos económicos, sociais e culturais e o Convenio Europeo para a protección dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais.

Por admin | Compostela | 26/02/2025

Comparte esta noticia

Por Gonzalo Busqué , A.C. Rexurdir Galicia 

Proxecto de construción de vivenda en San Paio de Navia
Proxecto de construción de vivenda en San Paio de Navia | Fonte: Xunta de Galicia

A constitución española do 78, tamén o incorpora no seu artigo 47: Todos os cidadáns e cidadás teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. A vivenda non pode ser un luxo nin un negocio. Os desaloxos por razóns económicas atentan contra as necesidades máis elementais nun contexto de crise. A experiencia da crise de 2008, onde se rescataron bancos, pero non se pararon os desaloxos, nin se mobilizaron vivendas baleiras, nin se aumentou a oferta de vivenda a prezos asequibles, debe marcarnos o que non se debe facer.

Non podemos permitir que a vivenda sexa unha oportunidade de negocio, que se asocie urbanismo con plusvalías, mercado con especulación inmobiliaria, a vivenda é xusto o contrario. Promover as condicións necesarias para facer efectivo este dereito, coa regulación da normativa en defensa do uso da vivenda, da utilización do chan de acordo con o interese xeral para impedir a especulación, de incrementar a oferta de vivenda asequible, é un traballo de todas e todos. 

PROBLEMAS DE ACCESO Á VIVENDA EN GALICIA.

En Galicia, como no resto de España, o acceso á vivenda nas zonas urbanas e costeiras  é cada vez máis difícil, sobre todo para a xente moza e para as familias con menos recursos. Os principais  factores que contribúen a esta situación: 

* O aumento do prezo da vivenda.  Nos últimos anos, o prezo da vivenda, tanto en compra como en alugueiro, subiu en todas as cidades galegas.

O mesmo pasa co alugueiro. Sube de maneira continuada desde o ano 2015 nas sete cidades  galegas.

* As vivendas de uso turístico. Nos últimos anos o alugueiro turístico medrou de maneira significativa nas cidades e nas vilas costeiras galegas debido, sobre todo,  a  plataformas como Airbnb. Este fenómeno deu lugar a que en moitas cidade e vilas turísticas alugueiros de longa duración pasaran a destinarse a uso turístico reducindo a oferta para residentes permanentes e facendo subir os prezos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Poñamos o caso das 30 "vivendas protexidas" que disque van construir no Edificio Ardora do Barrio do Cura, no centro de Vigo. Coa modificación puntual dos terreos por parte do Alcalde máis Empecinado do Mundo (incluíndo varias expropiacións forzosas en aras do "interese xeral" (duns poucos) Imos ver como queda a cousa... Réximen xeral: Vivenda de 60 m² × 2.250 €/m² = 135.000 € + 10% IVE = 148.500 € + SORTEO Réximen especial: Vivenda de 60 m² × 1.900 €/m² = 114.000 € + 4% IVE = 118.560 € + SORTEO Estes serían os prezos máximos aproximados para as Vivendas de Protección Oficial. Pero no Edificio Ardora o piso máis barato en Mercado Libre costa 216.000 € por 48,54 m² (4.450 €/m²) Así é o "interese xeral" polo que se montan Pelotazos Urbanísticos en Vigo coa bendición do PSOE de Sánchez & Besteiro. PURA PROPAGANDA e unha LOTARÍA que monta a XUNTA DE GALICIA cos cartos de tódolos galegos.