Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/07/2025 | Actualizada ás 20:26
Unha guía turística do dolmen de Dombate, situado en Cabana de Bergantiños, denunciou publicamente un "ataque" ao realizar unha visita en galego. Ante estes feitos, difundidos en X, a Deputación da Coruña --de quen depende a xestión deste lugar-- mostrou "tolerancia cero" ante faltas de respecto ao uso desta lingua. A vítima, cuxo nome de pila é Iria, agradeceu a través da rede social ás persoas que a consolaron despois de que turistas a asoballaran "por facer unha visita en galego". Estes, segundo ela mesma sinala, insultárona.
Ante esta publicación, cunha alta repercusión e xa máis de 200.000 visualizacións, a institución provincial expresou o seu "firme compromiso" co galego e coa súa promoción e uso en todos os espazos públicos da súa titularidade. "Non admitiremos ningún tipo de vulneración aos dereitos lingüísticos", asegurou a través dun comunicado remitido aos medios. Para iso, apoiáronse na normativa existente, como o son a Lei de normalización lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
"Desde a Deputación da Coruña defendemos o dereito de todas as profesionais a usar o galego no desenvolvemento do seu labor e condenamos calquera tipo de discriminación, burla e menosprezo ao seu uso, actitudes que atentan contra a convivencia, a igualdade lingüística e a legalidade vixente", expuxo. A institución considera o galego, ademais dun vehículo de comunicación, como unha "expresión viva da cultura, historia e identidade".
Deste xeito, indicou que o uso da lingua nos espazos patrimoniais é tamén "unha ferramenta para reforzar a autenticidade da experiencia turística". "A lingua é o noso maior patrimonio", valorou. Por último, comprometeuse a garantir que o galego teña presenza "plena e digna" en todos os ámbitos da vida pública e especialmente nos espazos da súa titularidade, polo que prestarán apoio aos profesionais que sufran unha vulneración deste tipo ou outro.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Guía turística do dolmen de Dombate denuncia insultos por usar o galego durante unha das súas visitas
- O BNG esixe que a nova ferramenta xudicial Atenea estea dispoñible en galego dende a súa posta en marcha no 2026
- A Mesa denuncia o “boicot” da Xunta á oficialidade do galego na UE
- España pide aos seus socios europeos "non secuestrar ou atrasar" a oficialidade o catalán, euskara e galego na UE
- O Goberno buscará apoios nunha reunión de ministros para pedir a oficialidade de euskara, catalán e galego na UE
- Albares tacha de "discriminación" a falta de unanimidade para a oficialización do galego na UE: "Hai Estados con máis dun idioma"