Entre marismas, torres medievais e fontes que prometían saúde, Catoira soñou cun futuro termal que nunca chegou a consolidarse. O antigo balneario, hoxe devorado pola maleza, é testemuña muda dunha Galicia que quixo exportar benestar ao mundo dende este enclave... e quedou a medio camiño.
  comenta   0
Na maleta levaron máis ca roupa. A lingua foi equipaxe e raíz para moitos galegos e galegas que emigraron a Estados Unidos. Entre avenidas e rañaceos, o galego mantívose vivo en fogares onde a identidade nunca colgou na percha. Esta é a historia de tres mulleres que fixeron da fala un acto de resistencia e de amor.
  comenta   0
Carlos Nuevo é o cronista oficial de Viveiro. Cun amplo percorrido en movementos culturais, asociativos, medioambientais e preside o Seminario Terras de Viveiro. Esta vila era en tempos da II República un centro pesqueiro, agrícola e industrial importante de aí o peso que tiñan sindicatos e partidos de esquerda.
O polbo colgábase en tendedeiros, curábase ao sol e despois enviábase a feiras, mercados e mosteiros, nos que se rehidrataba para preparalo como polbo á feira. Esta práctica cuestiona a idea de que unicamente os peixes graxos se salgaban: o polbo, máis delicado, tamén seguiu o mesmo camiño.
  comenta   0
A tradición campaneira galega, recoñecida pola UNESCO en 2022, mantense viva grazas ao labor de Campaneiros de Galicia, a fundición Ocampo de Arcos da Condesa e iniciativas culturais como ¡Sons da Terra Calda'
A salgadura tradicional tivo o seu apoxeo en Galicia entre os séculos XVIII e XIX, especialmente impulsada polos comerciantes cataláns asentados na costa galega. A partir da segunda metade do século XIX e, sobre todo, a comezos do século XX, a salgadura comeza a perder protagonismo fronte á industria conserveira, moito máis rendible e moderna. Moitas fábricas de salgadura foron reconvertidas en conserveiras, como semella ser o caso de Punta do Castro.
  comenta   0
O proxecto arqueolóxico impulsado polo Concello de Quintela de Leirado e financiado pola Deputación de Ourense permitiu documentar a primeira estrutura funeraria da necrópole, cunha cámara poligonal orientada ao leste e acompañada de cerámicas e ósos
Os traballos de investigación continuarán co obxectivo de profundar no coñecemento destes restos e doutros elementos que aínda permanecen ocultos.
  comenta   0
A alcaldesa lembrou que “esquecer é traizoar” e participou despois na ofrenda floral en Teo, no lugar onde apareceu o corpo do impresor e político galeguista.
Unha viaxe pola evolución das antigas telleiras de Catoira sen saír dunha mesma nave: dos fornos artesanais ata a industria moderna do ladrillo, e o ocaso dun oficio que marcou a vida na ribeira do Ulla. A transformación dun lugar que foi corazón da cerámica popular, para converterse logo en motor industrial, e que hoxe só garda silencio entre ruínas e lembranzas.
  comenta   0
O mural “Muller, abrigo” da artista brasileira Hanna Lucatelli transforma unha fachada esquecida do barrio de Vite nun abrazo xigante. A súa figura feminina, serena e protectora, acolle no seu interior crianzas que len, aprenden e comparten, convertendo a parede nun símbolo vivo de memoria, cultura e coidado colectivo.
Outra vez a veciñanza loita unida para frear os lumes de Trives, Chandrexa e Montederramo: "Salvamos o pobo". Foi necesario desaloxar nas últimas horas a 40 veciños do núcleo da Bouza, no municipio ourensán de Viana do Bolo. Moitos critican a falta de medios e os avisos de desaloxo que chegaron moi tarde.
  comenta   0
Un fenómeno nacido en Galicia que pasou do contrabando de tabaco ao narcotráfico internacional, e que hoxe segue a desafiar á lei entre o mito e a realidade.
  comenta   0
A escavación da igrexa de Santa Leocadia, en Guillade (Ponteareas), recupera un templo de orixe altomedieval vinculado á iniciativa comunitaria, cuxa historia pervive na toponimia, na tradición oral e nas lembranzas da veciñanza
O edificio do século XVIII no corazón da Coruña, declarado Ben de Interese Cultural, permanece en mans da familia Franco tras un proceso de adquisición impulsado polo réxime en 1962
En concreto en Baroña, o titular de Cultura precisou que a intervención arqueolóxica consiste en sondaxes en dúas áreas do xacemento, ademais doutras accións que inclúen substituír o vinilo do cartel informativo "e actuacións de mantemento de cara á seguridade nas visitas ou no que respecta ao aspecto deste patrimonio".
  comenta   0
O Galicia Confidencial fai hoxe unha viaxe ás ruínas de Catoira, onde Galicia defendeu a súa esencia con lume, mar e pedra. Entre marismas e lendas, as Torres do Oeste lembran o día no que os galegos dixeron 'non' ao Norte, co río Ulla como testemuña.
  comenta   0
Á sombra dos carballos centenarios e co murmurio do río Sar como fondo, o convento franciscano de Herbón garda sete séculos de oración, memoria e semente: aquí detívose o tempo, prendeu a fe e agromou o pemento que hoxe define unha terra enteira.
  comenta   0
A investigación histórica sobre o Apóstolo Santiago revela unha tradición construída entre intereses relixiosos, narrativas políticas e mitos populares, que se mantén viva hoxe malia a ausencia de probas documentais directas
O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública de España, Óscar López, respondeu con dureza ao balance que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, realizou sobre o labor do Goberno estatal.
  comenta   0
Leti a do Chinto é unha historiadora de Porto do Son que comparte vídeos sobre a cultura, a historia e a tradición de Galicia. Unha fonte moi importante nos seus vídeos, que xa ten conquistados aos seus “followers”, é a súa avoa, Lola.
  comenta   0
Esta é a historia de como un enclave catalán mudou o sino dunha vila coruñesa: do movemento industrial catalán á industria conserveira da Pobra do Caramiñal.
  comenta   0
O exilio de Castelao leva á alcaldesa a lembrar a quen tamén o viviron: "Facer memoria é un acto de xustiza, como o é devolver o roubado"
Da lenda da barca de pedra á reivindicación política e cultural, o 25 de xullo atravesou séculos de historia para converterse nun símbolo plural no que conflúen fe, identidade, memoria e futuro: o Día Nacional de Galicia.
  comenta   0
A celebración do Día da Patria Galega foi concebida como unha data para reflexionar sobre a reconstrución da identidade galega. Con ese obxectivo institucionalizaronse os mitins das arengas na praza da Quintana nos anos da II República.
  comenta   0
Antes estes feitos, difundidos en X, a Deputación da Coruña --de quen depende a xestión deste lugar-- mostrou "tolerancia cero" ante faltas de respecto ao uso desta lingua.
  comenta   0
A vida fidalga, o patrimonio natural e a arquitectura sobria conviven nun dos recunchos máis singulares e fermosos do Barbanza. Á sombra de sobreiras centenarias, este espazo de pedra e salitre garda a esencia dunha Galicia fonda e silenciosamente resistente.
  comenta   0
O Pazo Baión, antigo símbolo do poder do narco Laureano Oubiña nas Rías Baixas, transformouse nunha adega de luxo tras ser incautado polo Estado; pero os seus muros aínda gardan a memoria dunha época de impunidade, medo e loita cidadá contra o narcotráfico.
  comenta   0
Fortalezas perdidas, antigos eremitorios ocultos no tempo, emigrantes que fixeron país e galegas universais que cambiaron a forma de educar en época franquista. A oitaba edición de outono-inverno de Rutas de Historia viaxará por antigas cidades medievais de Galicia, o corazón da Serra do Xistral, as marxes da Ribeira Sacra e a fronteira con Portugal.
Entre a brétema da ría e o rumor das pedras antigas, o Castelo da Lúa garda na súa ruína os ecos dun pasado de poder, loitas nobiliarias e vida cotiá esquecida.
  comenta   0
Un areal agochado, onde a ría se xunta coa palabra e o silencio se converte en voz. Hai lugares que se deixan descubrir coma se fosen libros abertos ao vento.
  comenta   0
Vivimos nun planeta inmenso pero fráxil, onde a clave do cambio climático non está na superficie senón a 2.000 metros de profundidade, nas augas máis escuras e frías que rodean a Antártida. Alí, unha reestruturación brutal da circulación oceánica profunda, impulsada polo derretemento do xeo e pola acción humana, está a alterar o ritmo do clima global a unha velocidade inédita, unha ameaza silenciosa e invisible que podería definir o futuro da Terra durante os próximos séculos.
  comenta   0
O Ribadeo Indiano volve este 2025. Do 11 ao 13 de xullo a vila do Eo será o centro da rememoración daqueles e daquelas emigrantes que volveron existosas da súa pasaxe polo continente americano e, movidos por diversos intereses, deixaron pegada en Ribadeo tanto na arquitectura como filantropía. Este ano renderase homenaxe a Ramón González e á súa muller, Corona, orixinaria do Porriño.
A Casa das Cunchas, ubicada fóra dos muros do Pazo de Meirás, é un dos inmobles que hoxe todavía persisten nas mans dos Franco. Cales son os motivos?
  comenta   0
A eiruga dunha avelaíña asiática arrasa cos buxos galegos, deixando un regueiro de esqueletes verdes en xardíns, aldeas, parques e cemiterios. Francisco Otero Otero, presidente de Afrugal, alerta: "Estanos pasando con moitas especies: velutinas, picudo...".
  comenta   0
Nun tempo no que o plástico e a produción industrial dominaron os mares, a carpintería de ribeira galega resiste coma un legado vivo. A través da historia dos estaleiros de San Cibrao e Bueu, esta reportaxe mergúllase nun oficio milenario que está a redefinir o seu papel como patrimonio cultural, identidade e posibilidade de futuro
Xenetistas escriben por vez primeira a historia da poboación galega e sentan as bases da medicina personalizada. A secuenciación do xenoma completo en Galicia revela unha ascendencia norteafricana preislámica con sesgo masculino e patróns microxeográficos de risco de enfermidade
Dende 1970 ata 1993, miles de toneladas de residuos radioactivos foron vertidas sen seguemento na fosa atlántica galega, confiando na dilución mariña. O silencio e a falta de estudos posteriores agochan un problema ambiental sen resolver, ao que non se lle volveu prestar atención. José Juste, asesor do Goberno español na Convención de Londres, explica como foi evolucionando a normativa sobre estas verteduras.
  comenta   0
Como cada ano, o concello confecciona unha ampla e variada programación de actividades para goce da veciñanza e dos numerosos visitantes que recibe a vila ourensá no periodo estival. Esta fin de semana, o protagonista será o Festival Literario de Allariz (FLAZ).
  comenta   0
A Deputación da Coruña promove unha banda deseñada para divulgar a historia dun patrimonio de valor incalculable como é o mosteiro de Caaveiro entre a mocidade. O ilustrador Delio Rodríguez crea unha obra chea de beleza gráfica, humor e rigor histórico, grazas á documentación e investigación de Ismael Blanco Bouza e Lois Gómez Souto.
  comenta   0
O espectáculo do Conservatorio da Deputación converteu o Teatro Colón nunha viaxe máxica pola Ruta da Seda, entre historia, danza e beleza. Galicia Confidencial cóase nos ensaios previos.
  comenta   0