Ángeles Vázquez demanda unha comisión bilateral ao Goberno sobre a lei de vivenda, pois "xa está a haber parálise". A oposición censura as cifras "practicamente nulas" de vivenda pública durante o mandato do PP.
  comenta   0
"A exitosa culminación desta intervención foi debido á estreita colaboración entre a Policía e os cidadáns", d a Policía.
  comenta   0
O presentador Roberto Leal preguntou a Fernando Castro que faría se gañase o premio do rosco final. A resposta de Fernando pillou por sorpresa aos presentes, a modo de alegato público en defensa dun acceso á vivenda á xente moza.
  comenta   0
Borja Verea preséntase á alcaldía de Santiago sen sentirse "fiscalizado" polo mandato 2011-2015 que tivo tres alcaldes do PP. Fala dun complexo de capitalidade que impide a Santiago reclamar proxectos ambiciosos e fixo perder oportunidades como o asunto dos aeroportos e a Axencia de Intelixencia Artificial. Fai o chamado ás e aos votantes descontentos do PP e non ve factible a creación de Emuvisa de non ser que se modifique o PXOM actual.
  comenta   0
A Xunta rexeita medidas "restritivas ou sancionadoras" á hora de dinamizar o mercado do aluguer, algo que "está demostrado" noutros países, e aposta por outras solucións "incentivadoras".
  comenta   0
Goretti Sanmartín (A Estrada) encabeza a candidatura do BNG á alcaldía de Compostela. Valora os últimos catro anos como un goberno "de decepción" para a xente. Acusa ao actual alcalde, Sánchez Bugallo, de non ter mobilizado os mecanismos suficientes para revitalizar a cidade e, sobre todo, de non saber ler as necesidades e as peticións da xente. Cre necesario pór en marcha a empresa pública de vivenda e presinar á Xunta para que mobilice chan para este cometido. Ve primordial, tamén, recuperar o diálogo cos grupos sociais de Santiago.
  comenta   0
O candidato do espazo rupturista estivo arroupado por Martiño Noriega e Xulio Ferreiro, nun mitin no que non estivo Jorge Suárez que tivo que ausentarse polo malestar que causaba a súa presenza na candidatura rival de Podemos-EU, Por Coruña.
O prezo do metro cadrado é de 8,19 euros ao mes en abril, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa.
  comenta   0
,Rueda fai un ano na Presidencia da Xunta criticando a actitude do Goberno central con Galicia. A Xunta reivindica pasos no ámbito económico e social.
  comenta   1
Os salarios caeron en Galicia en 2022 un 0,01%, a pesar de que o prezo da vivenda experimentou unha subida do 2,9%,
  comenta   0
A Rede insiste en que hai unha "emerxencia brutal" entre as persoas que conforman esta Rede Galega e apelou a ver a vivenda como "un dereito" en lugar de "un negocio".
  comenta   0
As comunidades autónomas gobernadas polo PP fixeron o mesmo e critican o "carrusel de anuncios" do Goberno central.
  comenta   0
A concelleira e candidata por Compostela Aberta (CA) á alcaldía de Santiago, María Rozas, indicou que en Santiago o prezo de aluguer no mes de abril situar nos 8,2 euros por metro cadrado, fronte aos 5,8 nos que se atopaba no ano 2018.
  comenta   0
A concelleira Goretti Sanmartín emprazou ao PSOE local a unirse a esta proposta para "defender os intereses de Santiago por encima de todo e ter unha solución digna a un problema colapsado desde hai tempo".
  comenta   0