Os nacionalistas lograron subir en 10 puntos os votos dos comicios de 2020 en cinco dos 16 concellos máis novos de Galicia. En 10 destes 16 concellos o PP tamén subiu.
  comenta   0
Os socialistas apostarán por un pacto pola lingua galega no que se "unan todas as forzas políticas". séntese "reconfortado" polo apoio recibido tras o 18F e remarca que "o seu compromiso" está en Galicia
  comenta   0
O resultado electoral do pasado domingo 18 de febreiro deixou un ascenso inédito do nacionalismo que, non entanto, non logrou o obxectivo marcado de conseguir un cambio de goberno na Xunta, xa que o PP revalidou con 40 deputados e un crecemento en votos e porcentaxe (+ 0,6 %).
  comenta   0
Todo seguirá igual nesta terra. Confírmase que os galegos somos conservadores por natureza. Cinco maiorías absolutas son moitas. Polo que dende a chegada da democracia, neste Ourense, sempre mandaron os de sempre.
  comenta   0
En 50 municipios dos 93 totais máis da metade da poboación votou aos populares. O municipio onde maiores apoios recabou o PP de Alfonso Rueda dentro da provincia foi Tordoia (3.259 habitantes), cun 68,30 % de votos.
Militantes e alcaldes teñen claro que o actual PSdeG precisa un xiro de 180º. Un xiro que implique rematar cos "reinos de taifas", rematar co "oligopolio orgánico", traer xente nova que conecte coa mocidade e volver á rúa. "Escoitar á xente, estar coa xente, patear o país", indican. E, sobre todo, que haxa un programa e un proxecto propio, galeguista, "e non o que veña de Pedro Sánchez ou de Madrid".
  comenta   2
O concello onde os nacionalistas obtiveron máis votos foi A Pobra do Brollón, onde sacaron un tímido 35,45 %. Ata en 25 concellos quedou por debaixo do 20 % dos votos a formación de Ana Pontón, co peor resultado en Ribeira de Piquín, onde caeu ata o 7,75 % dos votos.
  comenta   0
Sumar Galicia sinala que Marta Lois terá "o papel que queira ter" mentres a formación quere implantarse territorialmente.
  comenta   0
No sobre da discordia non figuraba tachado o nome de ningún candidato, tan só unha fotografía explícita de carácter pornográfico da cantante, actriz e modelo británica, Samantha Fox, acompañando a papeleta do PP encabezada nos comicios en Lugo pola cabeza de lista provincial, Elena Candia.
Participa en Madrid no pleno do Congreso e prevese que renuncie á acta antes do 18 de marzo para centrarse no Parlamento galego.
  comenta   0
Reta a Sánchez a explicar o revés do PSdeG o 18F e o presidente español lémbralle que é el o que ten que explicar a súa "confesión" coa amnistía.
  comenta   0
O PSdeG desplómase na provincia de Ourense, con 31 concellos dos 92 totais (un de cada tres) nos que nin sequera chegou ao 10 % dos votos. Democracia Ourensana alzouse como terceira forza en seis concellos: Xunqueira de Ambia, Vilamarín, San Cibrao das Viñas, Ourense cidade, Pereiro de Aguiar e Barbadás, algús deles importantes núcleos poboacionais.
  comenta   2
O país que máis votos emite é Arxentina, con case 7.800 votantes, sendo a provincia da Coruña a maior destinataria, con algo máis de 2.700, seguida de Pontevedra cuns 2.400. Por detrás sitúanse Lugo e Ourense, cuns 1.300 cada unha.
  comenta   0
Todos os principais líderes do PP e medios de comunicación interpretan a victoria de Rueda como unha vitoria de Feijóo e unha derrota de Sánchez. Os principais dirixentes da política española xogan coas eleccións de Galicia en clave madrileña
  comenta   3
Os populares manteñense aínda que van perdendo paseniñamente papeletas urbanas. O BNG é o que máis sobe, tras o paso de AGE e as mareas, e o PSdeG desfondase. En Vigo, o BNG consegue un histórico primeiro posto.
  comenta   0
O líder dos populares felicitou ao seu sucesor por superar "o exame con matrícula de honra" e situou a Galicia como "exemplo" por "acantonar ao sanchismo".
  comenta   0
O líder do PP acusa a Sánchez de levar ao PSOE á "irrelevancia" e recalca que estas eleccións demostraron que concentrar o voto no PP "frea ao independentismo".
  comenta   0
O líder provincial do PP coruñés Diego Calvo reivindica que "o cambio estaba aquí e era Alfonso Rueda" e insta a BNG e PSdeG a "pedir perdón polas súas mentiras" durante a campaña.
  comenta   0
A portavoz do PSOE, Esther Pena, insistiu en expresar o respaldo da dirección nacional a Besteiro e rexeitou que o líder nacional do PP, Alberto Núeñez Feijóo, saíse reforzado tras o resultado das eleccións.
  comenta   0
Aseguran facer unha "absoluta e total" autocrítica pero afean que o PP suxerira a Vox que non se presentase aos comicios.
  comenta   0
Os socialistas foron terceira forza en 73 dos concellos que goberna e só en cinco conseguiu ser a máis votada.
  comenta   0
Cuestionado sobre o salto á política nacional, non o descarta: "Cruzaremos ese río cando cheguemos a el"
  comenta   0
O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, di que puido tratarse dun bólido.
  comenta   1
Ayuso aliviada porque Galicia non está "secuestrada" polo separatismo. Izquierda Española atribúe ás cesións ao independentismo o "desastre" da esquerda. Junts non ve que haxa correlación algunha entre os resultados do PSdeG e a amnistía.
  comenta   0
Os populares foron os máis votados en 295 concellos, o BNG en 13, entre eles a cidade de Vigo, e o PSdeG en cinco.
  comenta   0
Democracia Ourensana non será a chave que o seu líder quería ter no Parlamento galego co PP.
  comenta   0
A súa vitoria incotestable fai que deseñe un goberno a súa medida e poida quitarse o "sambenito" de Feijóo.
  comenta   0
Volvía a caixa de saída como candidato do PSdeG tras pasar oito anos apartado da política, pero deixa polo camiño cinco deputados e o peor resultado histórico do seu partido.
  comenta   0
Os populares consiguen a súa quinta maioría absoluta consecutiva en Galicia, tras catro de Feijóo, un goberno bipartito e outras catro maiorías absolutas antes de Fraga. O BNG consegue un forte ascenso ata os 25 deputados, á conta dun PSdeG que se afunde ás 9 prazas, nun Parlamento no que entra DO.
  comenta   1
Jácome prometeu que DO vai estar "rosmando catro anos". "Ímoslle a ensinar a toda Galicia e en especial a Ourense o que está a pasar aí", dixo, antes de insistir: "teremos voz e cambiaremos todo".
  comenta   0
Podemos afundiuse este domingo coa candidatura encabezada por Isabel Faraldo ao obter tan só o 0,26 % dos votos e quedar mesmo por detrás do Partido Animalista (PACMA), que aglutinou a un 0,36 % do electorado. Tamén lle superaron Sumar e Vox, quenes tampouco entraron no Parlamento galego.
  comenta   0