Publicada a declaración de utilidade pública da repotenciación do parque eólico Monte Redondo

Esta declaración implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e supón a urxente ocupación de parcelas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/07/2025 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicou a resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático pola que se outorga a declaración de utilidade pública das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Monte Redondo repotenciación, situado en Vimianzo e promovido por Naturgy Renovables. A compañía presentou solicitude de autorización administrativa para a modificación das instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación do proxecto. Agora, declárase a utilidade pública, en concreto das instalacións do proxecto do parque eólico Monte Redondo repotenciación, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e supón a urxente ocupación de parcelas.

Un parque eólico, a 28 de marzo de 2025, en Muras
Un parque eólico, a 28 de marzo de 2025, en Muras | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Ademais, a Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se outorgan as autorizacións administravias previa e de construción para a infraestrutura de evacuación de enerxía eléctrica (denominada LAT) Campelo-Mesón. Trátase dunha actuación que transcorre polos termos municipais de Coristanco, Tordoia, Carballo, Cerceda, Ordes e Carral, na provincia da Coruña, e que promove Greenalia Wind Power Campelo. Con anterioridade ao prazo dun mes ao comezo das obras, a promotora deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático o plan de vixilancia e seguimento ambiental.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta