O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou así unhas declaracións do titular da Xunta nas que, ao seu xuízo, "quitaba importancia" aos efectos dos lumes ao asegurar que calcinaran, na súa maior parte, "unicamente monte baixo e pedras".
  comenta   0
O sector empresarial da madeira considera necesario un cambio de rumbo na política forestal en Galicia. Consideran que, sendo unha potencia madereira, a ausencia dun plan de xestión completa do monte é algo sorprendente. Isto supón a perda de oportunidades económicas por falta dunha explotación integral do monte mediante diversos tipos de aproveitamento
  comenta   0
A acción do lume sobre o monte non supón só a perda de flora e fauna, tamén é a perda de chan fértil. O calor e as lapas destrúen a capa que sustenta a vida de plantas e animais e esta capa, xunto coa cinza, é o que se perde coas primeiras choivas do outono-inverno. Existe algunha maneira de frear esta perda? É posible recuperar a actividade produtiva dun monte despois do lume?
  comenta   0
Os lumes deste 2025 acabaron con montes e bosques mais tamén con vivendas e instalacións agrarias. Cal é o motivo detrás dun desastre coma este? Os sindicatos agrarios denuncian políticas agrarias erradas procedentes da UE que España e por tanto Galicia deben adoptar. Polo de agora o Estado anunciaba perdas no sector agrario por valor de 600 millóns de euros, mais hai quen apunta cifras superiores
  comenta   0
O presidente da Xunta tamén anunciou que as axudas para reparar casas danadas alcanzarán ata 132.000 euros se son vivenda habitual e 60.000 euros no caso das de ocupación ocasional.
  comenta   1
María del Carmen González, do PP, acusa aos medios de desinformar e di que xa houbo “lumes peores” tras arder a aldea de Cernego, Trevinca e Casaio. Un veciño do concello asegura que xa ardeu a metade da masa forestal de Casaio e que se enfrontaron sós as la primeiro día.
  comenta   1
Absurdo titular, a primeira vista. Aposta alguén polos incendios?. A ver, por caso, apostan a UE e máis o Estado pola desigualdade? Non. Seguen políticas que indirectamente aumenten a desigualdade? Sen dúbida.
  comenta   0
Interrumpen a circulación na autovía para rescatar a este ánimal.
  comenta   0
"Non se pode pensar no territorio como unha paisaxe de fin de semana, senón a planificar a súa xestión", aseguran estes profesionais que achacan a orixe da vaga de incendios ás condicións meteorolóxicas extremas e ao estado das masas forestais españolas.
  comenta   0
A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que os traballos de prevención deberían estar realizados antes do verán e que están sen facer por culpa da Consellería do Medio Rural.
  comenta   0
O proxecto arqueolóxico impulsado polo Concello de Quintela de Leirado e financiado pola Deputación de Ourense permitiu documentar a primeira estrutura funeraria da necrópole, cunha cámara poligonal orientada ao leste e acompañada de cerámicas e ósos
Un voluntario, impotente, ante como se queima toda Trevinca. Fan chamamento a voluntarios para que acudan á zona.
  comenta   1
Se aos sete focos activos súmanselle os incendios controlados e estabilizados, a superficie queimada case alcanza as 73.000 hectáreas, segundo a Xunta.
  comenta   0
Convocadas protestas en case 30 localidades de Galicia contra a xestión dos incendios por parte do PP na Xunta.
  comenta   0
Na provincia de Ourense están activos media ducia de lumes, onde tamén se uniron os dous que había no municipio de Maceda, nas parroquias de Santiso e Castro de Escuadro, ata 2.200 hectáreas.
  comenta   0
En só dúas semanas, Galicia perdeu máis monte que en todo o 2024: 11.500 hectáreas arrasadas por lumes que mesturan calor extrema, seca e vento coas sospeitas de intencionalidade. Un verán que ameaza con pechar como un dos máis negros da década.
  comenta   0
Visitamos a zona cero dun dos incendios que estes días están azoutando Galicia para reflexionar sobre o tempo que tardará en volver haber vida no lugar.
  comenta   0
A calor, o vento, a man humana e a falta de coidado do monte dan forma a un patrón que se repite cada verán. Así é o incendio forestal tipo que prende (ou que prenden) nos montes galegos, segundo o Pladiga 2025.
  comenta   0
Co seu areal branco e calmo, este recuncho agocha xogos sen pantallas, sombras naturais e unha paz que non precisa publicidade.
  comenta   0
Análise da concentración das parroquias galegas con maior risco de incendios forestais en Galicia segundo o Pladiga de 2025 e as que xa rexistraron lumes nos que vai de verán.
  comenta   0
Estabilizado se atopa o lume da parroquia de Monteseiro, na Fonsagrada, que arrasou 120 hectáreas.
  comenta   0
A vaga de incendios das últimas semanas obriga a un despregue aéreo que rolda os 5 millóns de euros en Galicia. Un gasto público descomunal que podería financiar milleiros de hectáreas limpas e centos de brigadistas, pero que arde ano tras ano mentres o monte segue sen coidarse e a man do home causa desfeitas.
  comenta   1
O xulgado impón comparecencias semanais ao home de 28 anos, investigado por tentar provocar varios lumes no monte de Canibelos.
  comenta   0
En Corme, gandeiros e agricultores converteron os seus tractores en armas contra o lume, mentres os equipos ‘Batracio’ da Xunta, pensados para ese labor, brillaban pola súa ausencia. Unha lección de coraxe veciñal e unha pregunta incómoda para a prevención en Galicia.
  comenta   1
Unha análise satelital e cartográfica realizada polo Galicia Confidencial amosa que a homoxeneidade das plantacións e a falta de mosaicos agroforestais favorecen a propagación dos grandes incendios.
  comenta   0
Nordés intenso, baixa humidade e altas temperaturas complican as labores de extinción e obrigan a priorizar a protección de persoas e infraestruturas. Máxima dificultade nos lumes de Corme-Aldea (Ponteceso), Santiaguiñodo Monte (Padrón) e Esteiro (Muros).
  comenta   1
A segunda delegación de profesionais dos Países Baixos participa nunha estadía no centro de Toén ata mediados de agosto.
  comenta   0
A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal declarado na localidade ourensá de Carballeda de Avia, que segundo as estimacións calcinou 22,59 hectáreas.
  comenta   0
Este reforzo de medios supón tamén un incremento na cantidade que destina a Xunta a este convenio co Ministerio de Defensa que para esta edición supera os 550.000 euros
  comenta   0
Teresa, pioneira no comercio do Camiño, leva case 40 anos no Monte do Gozo. Criou soa aos seus catro fillos e segue traballando coa mesma paixón.
  comenta   0
Desde a fraga ata a ribeira, a carpintaría tradicional galega conversa coa natureza para dar vida a embarcacións únicas. Un oficio antigo no que cada barco respira memoria, vento e man.
  comenta   0
O Tribunal do Xurado declarou culpable por unanimidade a Roger Serafín Rodríguez dunha agresión sexual e tres puñaladas mortais en 2013.
O lume, na zona da Bodeira, xerou preocupación pola proximidade a unha masa de árbores e os fortes refachos de vento.
  comenta   0
Esta declaración implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e supón a urxente ocupación de parcelas.
  comenta   0
Area branca, bosque pegado ao mar e pozas que aparecen coa baixamar: un espazo costeiro onde a natureza segue sendo protagonista e o turismo non conseguiu alterar o ritmo das mareas. Atópase nunha pequena vila das Rías Baixas, pero non diremos onde.
  comenta   1