Besteiro afea a Rueda a súa "escasa empatía" coa xente que perdeu " todo" nos incendios: "Bota balóns fóra"

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou así unhas declaracións do titular da Xunta nas que, ao seu xuízo, "quitaba importancia" aos efectos dos lumes ao asegurar que calcinaran, na súa maior parte, "unicamente monte baixo e pedras".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2025 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de mostrar unha "escasa empatía" coa xente que "perdeu todo nos incendios", en referencia a declaracións pronunciadas polo segundo na rolda de prensa celebrada tras a reunión do Consello na xornada do luns. Nun audio remitido aos medios este martes, Besteiro criticou unhas declaracións do titular da Xunta nas que, ao seu xuízo, "quitaba importancia" aos efectos dos lumes ao asegurar que calcinaran, na súa maior parte, "unicamente monte baixo e pedras".

Rueda trasladou na rolda de prensa en cuestión que "algo máis do 60 %" da superficie afectada era matogueira, aínda que outra "parte importante" era só "estradas de pedras, que tamén computan na superficie". "Por tanto, hai que pór as cousas no seu exacto lugar" para "saber onde hai que actuar", dixo o presidente do Goberno galego. Para o secretario xeral do PSdeG, o "único" que mostra Rueda é "unha falta enorme de xestión, de capacidade e de competencia", xa que "aproveita calquera oportunidade para botar balóns fóra", nas súas palabras. "A traxedia de vaga de incendios só se ve superada por que estas traxedias lles toque xestionalas ao Partido Popular", lamentou.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en rolda de prensa | Fonte: PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta