Ecoloxistas dan a "benvida" á nova normativa, pero piden máis medios e formación na xustiza. Jaime Doreste, avogado especializado, destaca que o Código Penal español xa recolle "en boa medida" as novidades introducidas.
  comenta   0
Unha experiencia piloto na comarca de Monterrei creará área devasa fronte a incendios transfronteirizos.
  comenta   0
Di que financiará o custe dos dispositivos necesarios para evitar apagóns coa TDT en zonas de sombra de Galicia, "algo que tiña que facer o Goberno central".
  comenta   0
Búscase facer un territorio "máis resistente" en mosaico, a través de descontinuidades produtivas nas que haxa actividade agrícola ou gandeira no canto de maleza para que isto non "volva pasar", segundo detallou o conselleiro do Medio Rural, José González.
  comenta   0
A Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo (UVigo) lidera un proxecto dirixido a identificar zonas crave na prevención de grandes incendios, sinalando no seu estudo que dos preto de 30.000 lumes rexistrados en montes galegos entre 2011 e 2021, un total de 66 foron responsables de case a metade das hectáreas queimadas na devandita década.
Unha tese de doutoramento de Sheila F. Riveiro, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), apunta a que os incendios forestais facilitan o desprazamento de especies nativas dos montes de Galicia e Portugal.
  comenta   0
Todos saldáronse sen danos persoais fóra dunha persoa afectada por síntomas de inhalación de fume.
  comenta   0
Ramón Ignacio Sánchez Álvarez, xefe do distrito forestal VII-Fonsagrada-Os Ancares, conta que "foron moitas cousas as que xogaron na nosa contra aquel día 28 de marzo de 2023": unhas condicións climáticas excepcionais para a época do ano, medios de extinción traballando a medio gas, humidade contida na vexetación, instruccións interpretadas erróneamente e parte de efectivos sen experiencia en grandes incendios.
  comenta   1
No conxunto do Estado faleceron 235 persoas, con Andalucía, con 33 vítimas, como a comunidade con máis decesos.
  comenta   0
De onde vén a tradición do Magosto? Como se celebraba e como se celebra?. Así é a evolución dunha festa celebrada en familia a unha festa autoxestionada no monte con elementos común: lume, música, baile, chourizos e moitas castañas para dar a benvida ao inverno.
  comenta   1
A Xunta aborda cos municipios de Ribadeo, Trabada e Foz a situación tras os últimos incendios.
O BNG denunciou en múltiples ocasións a "precariedade" á que a Xunta somete a este servizo que conta con "unha das taxas de temporalidade máis altas de toda a administración".
  comenta   0
Os datos reflicten que este ano se queimou un 68,79 por cento menos superficie que no mesmo prazo de 2022, 178.585,65 hectáreas menos, aínda que a cifra é só un 5,72 por cento inferior á media dos últimos dez anos.
  comenta   0
Extinguido o incendio de Trabada, tras queimar máis de 2.300 hectáreas de monte. A "maior parte" do terreo calcinado correspondía a "grandes masas de eucaliptos", o que provocou "danos millonarios" na industria madeireira, considerada estratéxica na comarca.
Os catro lumes próximos que afectan ao concello lugués de Foz xa están controlados, e entre todos suman unhas 230 hectáreas de superficie arrasada.
Hai incendios activos en Vilariño de Conso Foz, Chantada e Trabada, onde xa arderon máis de 450 hectáreas. Un dos focos afectou ao Parque Natural da Baixa Limia- Serra do Xurés. A alcaldesa de Viariño de Conso agarda a chegada de chuvias para sufocalos e, de feito, este foco foi xa extinguido.
  comenta   1
Sociedade Xitana Española denunciou "trato discriminatorio" por parte do Concello ás familias de etnia xitana que vivían no edificio. A familia falecida era coñecida polos servizos sociais do Concello e da Xunta.
Os lumes que, ata o momento, impútanselle ao detido ocorreron en outubro de 2021, Semana Santa de 2022 e a finais de agosto de 2023, aínda que non afectaron a unha grande extensión de terreo debido á rápida detección dos mesmos e a un tempo medio de resposta dos medios de extinción de tan só 12 minutos.
  comenta   0
As Forzas Armadas terminan o seu traballo de prevención de incendios en Galicia con 30 avistamentos de incidentes.
  comenta   0
O servizo de extinción tamén deu por apagado o lume forestal iniciado na noite do martes que calcinou máis de 87 hectáreas no municipio ourensán da Mezquita.
  comenta   0
A presenza do cabalo salvaxe en distintos tipos de paisaxes dominados por uceiras, que son comunidades de gran interese pola súa biodiversidade, garanten a conservación ao someter a vexetación a unha presión constante mais de baixa intensidade.
  comenta   0
As chamas calcinaron por completo unha estancia das instalacións, situadas na rúa Arrecife, e provocaron o colapso do tellado sen causar danos persoais.
Neste eido, o BNG reclama a falta de persoal no operativo antiincendios ao que a Xunta responde acusando ou grupo nacionalista de "desinformar" e "crear alarma social".
  comenta   0
A deputada Carme Aira avisa de que esta semana o risco de lume "é moi real" pero o Goberno galego "non está a pór os medios".
  comenta   0
A Consellería do Medio Rural confirma que xa está extinguido o incendio forestal de Montefurado logo de queimar 19,8 hectáreas.
Tendo en conta que en Galicia hai 250.000 donos de eucaliptais, todos os galegos temos un coñecido ou un familiar que recibiu a chamada de Ence interesada en comprar. Mais agora sáelle unha dura competidora: a lusa Navigator, a pasteira máis grande de Portugal, que ten xa 1.000 hectáreas de eucalipto na nosa terra.
  comenta   0
Aínda que se trata dunha árbore que prefire o clima húmido da costa, unha nova especie comeza a adentrarse no interior de Galicia. Tendo en conta que as pavesas viaxan polas súas follas ata dous kilómetros de distancia e a gran velocidade, cos veráns ourensáns de máis de 40 graos, o verde dos nosos montes periga.
  comenta   5
Este 14 de xullo fixo un ano do que foi o lume máis grande de Galicia e que afectou á Serra do Courel, calcinando case o 60% do territorio. Un lume de sexta xeración que estivo activo durante 14 días na serra.
Pechado o parque comarcal do Carballiño e só dous bombeiros nos de Valdeorras, Xinzo e Verín. Os profesionais anuncian folgas e protestas. "Isto é un desastre ás portas da época do lume", advirten. A Xunta asegura que a responsabilidade é das deputacións, e a deputación, da Xunta.
  comenta   0
Os incendios no Courel e Valdeorras deixaron explosións de ladeira nunca vistas na comunidade e un avance marca de 15 hectáreas por minuto. A tarde-noite do 14 de xullo de 2022 viviuse unha xornada con máis de 6.000 raios que provocaron máis de medio centenar de incendios.
  comenta   0