Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2025 | Actualizada ás 11:25
A Consellería do Medio Rural informou de que os incendios dos municipios ourensáns de Carballeda de Valdeorras e de Chandreza de Queixa están estabilizados.
O lume de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio, que comezou ás 06.16 horas do venres, quedou estabilizado ás 23.20 horas da mesma xornada.
Así, segundo as últimas estimacións provisionais afecta a unha superficie de 40 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse dous técnicos, seis axentes, 15 brigadas, oito motobombas, unha pa, dúas unidades técnicas de apoio, oito helicópteros e un avión.
Pola súa banda, o de Chandrexa de Queixa, na parroquia de Parafita, quedou estabilizado ás 21.32 horas do venres. Así, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta a 50 hectáreas.
Desta forma, para facer fronte ás chamas mobilizaron a un técnico, catro axentes, 12 brigadas, seis motobombas, unha pa, catro helicópteros e seis avións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.