Os servizos de Emerxencias non rexistran incidencias significativas, máis aló dalgún desprendemento ou retirada de árbores, sen feridos.
  comenta   0
O tráfico está desviado á localidade do Barco de Valdeorras á altura da ITV pola estrada OU-0801 para os vehículos lixeiros. O pesados desvíanse pola Barosa.
  comenta   0
a institución solicitou formalmente á Xunta de Galicia a cesión dun espazo para o seu uso como sede provisional en Valdeorras, en concreto, na Casa Grande de Viloira.
  comenta   0
O alto tribunal explica que "non é competente" para pronunciarse sobre determinadas condutas polas que se presentaron denuncias ante o xulgado de garda do Barco de Valdeorras.
  comenta   0
Esta situación prodúcese no marco dun enfrontamento veciñal que se arrastra desde hai anos polo control da comunidade de montes de Portela-Trigal.
  comenta   0
As precipitacións máis abundantes caeron na Costa da Morte e no interior da provincia da Coruña.
  comenta   0
Os equipos de extinción traballan para apagar seis incendios de máis de 20 hectáreas este martes.
  comenta   3
O incendio declarado en Casaio, Carballeda de Valdeorras, o pasado 9 de agosto e que calcinou máis de 400 hectáreas puxo en perigo unhas pinturas rupestres datadas do terceiro milenio a. de C.
A Xunta mantén que o de Laza evoluciona ben. O do Irixo, que arrasou unhas 680 hectáreas, está tamén "practicamente perimetrado" e evoluciona cara á súa estabilización. E o de Boiro, que queima 2.200 hectáreas, foi controlado.
  comenta   0
Pide informes para coñecer os danos en Folgoso do Courel, Quiroga, A Pobra do Brollón e O Incio, na provincia de Lugo; e O Barco, Carballeda de Valdeorras, Rubiá, Oímbra e Verín, na de Ourense.
  comenta   0
O Courel e Valdeorras, os peores lumes na historia de Galicia. Só no que vai de agosto xa arderon 7.000 hectáreas.
  comenta   1
A alcaldesa de Boborás teme o peor nun dos numerosos lumes sen control de Ourense. Alerta por perigo para vivendas no Irixo, Boborás, O Carballiño e Chandrexa, nunha xornada con lumes provocados por trens e raios. Arde o macizo central e a serra de Casaio, onde se atopa o famoso teixedal de Casaio.
  comenta   1
Activada a alerta por proximidade a casas en novo un incendio nas Pontes, con 20 hectáreas queimadas
  comenta   0
A Xunta de Galicia mantén desde hai varios días que a superficie queimada é de 30.000h, pero o Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais (EFFIS) di que son varios milleiros de hectáreas máis. Galería de imaxes no interior.
  comenta   0
Todos os grandes lumes forestais que afectan a Galicia están controlados ou estabilizados, con máis de 30.000 hectáreas afectadas en dez días.
  comenta   0
Feijóo felicita Galicia, unha terra "chea de historia, cultura e tradición". Pedro Sánchez insta a traballar "xuntos" contra os incendios na súa felicitación polo Día Nacional de Galicia.
  comenta   0
O BNG pide que se declare zona catastrófica ás zonas afectadas. A alcaldesa de Oímbra prepara un informe sobre os danos dos incendios, xa cunha situación "máis acougada"
  comenta   0