Os damnificados polos incendios deste verán nas comarcas de Valdeorras e do Bierzo poderán beneficiarse dun 40% de desconto no prezo da lousa para rehabilitar as súas casas. Isto será posible grazas ao acordado polo Clúster da Pizarra de Galicia e a Federación Nacional de la Pizarra.
  comenta   0
O Instituto de Estudios Valdeorreses vén de presentar o seu II Concurso de Espantallos baixo o lema de “Os gardiáns das hortas”. O prazo para presentar espantallos remata o 25 de febreiro de 2026.
  comenta   0
Foi nunha viaxe entre as estacións de Monforte e O Barco de Valdeorras. Na charla lembrouse aquela que no 1934 emprendeu o valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán dende Monforte para acompañar a Alfonso Rodríguez Castelao ata o desterro en Badaxoz.
A xornalista, con máis de 25 anos de experiencia, recibiu no 2023 o Premio Nacional á Comunicación Gastronómica. En relación ao godello, interesoulle "ver os matices que aporta e coñecer a súa capacidade de envellecemento".
  comenta   0
A Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina concentrouse fronte ao Hospital Comarcal durante o inicio da etapa.
  comenta   0
Jorge Mazaira, técnico da DO Valdeorras, relata a Galicia Confidencial como as viñas actuaron de cortalumes durante os incendios de agosto, aínda que iso pode comprometer para algúns viticultores a vendima deste ano, "con perdas de ata 30 hectáreas, o que se traduce nuns 300.000 ou 400.000 quilos de uva".
  comenta   0
Afectou a unha superficie de 1.020, das que 770 correspóndense con monte raso e 250 de arboledo.
  comenta   0
O corredor colombiano vence ao sprint a Landa nunha xornada que concluíu a 8 quilómetros da meta polo bloqueo dos manifestantes.
  comenta   0
En ambos os casos, non se prevé que queden extinguidos de forma inmediata, aínda que todo depende das condicións meteorolóxicas, segundo informaron fontes da Consellería de Medio Rural.
  comenta   0
Raúl Prada Luengo, membro da 4ª xeración de viticultores de Adegas Valdesil, relata como os lumes marcaron e a onda de calor de agosto marcaron unha das vendimas máis temperás da historia e reduciron as previsións de produción dalgúns dos seus provedores.
  comenta   0
O Master of Wine xaponés Kenichi Ohashi, acompañado de Koichi Kajiya, responsable dunha coñecida importadora xaponesa, estiveron na sede co Consello Regulador e achegáronse a coñecer viñedos en varios concellos da zona.
  comenta   0
Manuel Bretón visitou Valdeorras, a Maragatería e os Picos de Europa para coñecer de preto os danos e garantir apoio continuado ás comunidades.
  comenta   0
A ruta de Valdeorras e Ribeira Sacra aposta polo enoturismo e pola promoción das denominacións de orixe como motor de recuperación.
  comenta   0
"O meu avó O Corenta formaba parte dun cuarteto mítico, Os Agarimos, liderado por Rubén do Castelo, gaiteiro-ferreiro que facía sonar as cornamusas de Galicia coas súas afamadas palletas".
  comenta   1
Coma nós, as comunidades neolíticas marcaban o territorio cos seus mortos, queimaban o monte con rozas e estivadas e mesmo empregaban o lume cunha fin ritual. No monumento megalítico da Muradella (2800 a.n.e.) ergueuse o "cairn" sobre a terra previamente calcinada, no cumio lemavo do Moncai.
  comenta   1
María del Carmen González, do PP, acusa aos medios de desinformar e di que xa houbo “lumes peores” tras arder a aldea de Cernego, Trevinca e Casaio. Un veciño do concello asegura que xa ardeu a metade da masa forestal de Casaio e que se enfrontaron sós as la primeiro día.
  comenta   1
O lume de Pobra de Brollón saltou á outra beira do río Sil, pero fontes forestais confirman que foi "pequeno" e "controlado".
  comenta   0
A D.O. Valdeorras comeza a vendima, marcada polo 80º aniversario do Consello Regulador e pola valoración do equipo técnico sobre o terreo dos posibles efectos do paso dos lumes que asolaron a comarca. “É importante sinalar que as viñas foron as heroínas que actuaron como cortalumes naturais en moitas partes, salvando moitas das casas dos pobos nas que están prantadas”, di un dos técnicos.
  comenta   0
Meteogalicia alerta de temperaturas que poden superar os 36 graos este sábado nas comarcas ourensás e pontevedresas.
  comenta   0
Algúns focos queimaron parte deste espazo único en Galicia. "Non hai medios, o primeiro tras tres días, chegou hoxe. E logo como din que non ardeu case nada se xa co sistema Copernicus vemos que está todo ardido?", apunta un brigadista.
  comenta   1
Prisión provisional para o presunto incendiario de Vilardevós. PP pedirá a comparecencia no Senado de Marlaska, Aagesen e Robles. Aumentan os ingresos no CHUO por problemas respiratorios debidos ao fume
  comenta   0
De roupa ignífuga a máscaras FFP3: Ourense mobilízase para levar material a afectados por incendios. Puntos na capital da provincia e outros municipios permanecen habilitados este luns para a recollida. Se coñecedes outros puntos, por favor, informade nos comentarios ou a través das nosas redes sociais.
  comenta   0
Meteogalicia alerta de PM10 e PM2,5 en varias estacións da provincia e recomenda limitar a exposición ao exterior, especialmente a persoas maiores.
  comenta   0