Ourense rexistra mala calidade do aire pola combinación de incendios e altas temperaturas

Meteogalicia alerta de PM10 e PM2,5 en varias estacións da provincia e recomenda limitar a exposición ao exterior, especialmente a persoas maiores.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/08/2025 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

Varios puntos da provincia de Ourense presentan unha calidade do aire mala derivada dos incendios forestais que afectan á provincia, que mantén declarada a Situación 2. Segundo os datos recolleitos polas estacións de Meteogalicia, nas de Xinzo de Limia ten unha mala calidade debido ao contaminante PM25 e a de Gómez Franqueira e Est-O polo conaminante PM10. Así mesmo, a estación situada en Oural  tamén presenta unha mala calidade.

Ante estas condicións recomendan aos grupos de risco evitar as actividades prolongadas e activas no exterior, considerar realizalas no interior ou pospolas para cando a calidade do aire mellore. A poboación xeral é recomendable que reduza as actividades prolongas e activas no exterior, especialmente se experimentan tose, falta de aire ou irritación de garganta.

Entre eses grupos de risco atópanse as persoas maiores, é por iso que, un dos motivos que levou ao desaloxo dunha residencia de anciáns na Mezquita o pasado martes, ademais da proximidade do lume, foi o risco para os maiores pola inhalación de fume, segundo explicou a conselleira de Política Social, Fabiola García.

39,1 GRAOS EN OURENSE

A provincia de Ourense rexistra nesta xornada as temperaturas máis altas da Comunidade galega. Así, o termómetro alcanzou en Ourense cidade os 39,1 graos ás 16.30 horas deste mércores. Así mesmo, en Arnoia o mercurio alcanzou os 37,3 graos e en Vilamartín de Valdeorras os 37.1 graos.

Cabe lembrar que a Xunta mantén para esta xornada o nivel vermello de alerta por calor na comarca ourensá de Valdeorras e rebaixa a nivel laranxa a montaña e sur de Lugo e a montaña e sur de Ourense.

Aldea de Requeixo, a 11 de agosto de 2025, en Chandrexa de Queixa, Ourense, Galicia (España).. Rosa Veiga - Europa Press
Aldea de Requeixo, a 11 de agosto de 2025, en Chandrexa de Queixa, Ourense, Galicia (España).. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta