CCOO e UGT advirten da fenda de xénero e piden un cambio de modelo produtivo que fortaleza igualdade, educación e investigación. CIG pide avanzar e non ligar unicamente o mercado laboral galego ao turismo.
  comenta   0
Cada verán, Galicia convértese nun escenario de lume e cinza. Máis do 95 % dos incendios teñen orixe humana, pero detrás das lapas agochanse motivacións diversas: dende o uso “funcional” do lume como ferramenta, ata a adicción do pirómano ou a vinganza persoal.
  comenta   0
O Concello eliminará datos non oficiais e axustará a memoria xustificativa tras a retirada da súa solicitude de zona de mercado residencial tensionado.
Os establecementos rexistraron picos de máis do 86% e un prezo medio por noite de 118 euros.
  comenta   0
Larouco, Oímbra e Chandrexa quedaron completamente apagados, poñendo fin á destrución de máis de 75.000 hectáreas.
  comenta   0
O Sistema Europeo de Información de Incendios Forestais (EFFIS) confirma máis de 144.000 hectáreas calcinadas en Galicia desde xullo, con todos os lumes xa en situación de control.
  comenta   0
O período máis crítico foi do 5 ao 11 de agosto, con picos de ata 13 óbitos diarios, segundo o sistema MoMo.
  comenta   0
A concentración de PM 2,5 na capital e en Laza mantense por riba dos niveis recomendados, segundo Meteogalicia.
  comenta   0
No silencio escuro do universo primitivo, hai galaxias que se apagaron antes de tempo. Un equipo internacional con participación galega investiga por que algunhas estruturas cósmicas deixaron de formar estrelas só mil millóns de anos despois do Big Bang.
  comenta   0
O Parque Nacional das Illas Atlánticas vive un verán de récords de ocupación impulsado polas boas condicións meteorolóxicas.
  comenta   0
O máis novo, de 18 anos, presenta queimaduras no 40% do corpo e prognóstico moi grave; os outros dous, de 23 e 25 anos, teñen afectación no 15% e evolucionan favorablemente.
  comenta   0
A decisión foi adoptada este xoves na xunta de Goberno local, segundo informou a tenente de alcalde, Eva Vilaverde. Neste sentido, indicou que o Concello fai esta petición ante a "situación complexa de baixada paulatina dos niveis do río" e á vista das previsións meteorolóxicas para os próximos días con tempo seco.
  comenta   0
En só dúas semanas, Galicia perdeu máis monte que en todo o 2024: 11.500 hectáreas arrasadas por lumes que mesturan calor extrema, seca e vento coas sospeitas de intencionalidade. Un verán que ameaza con pechar como un dos máis negros da década.
  comenta   0
Meteogalicia alerta de PM10 e PM2,5 en varias estacións da provincia e recomenda limitar a exposición ao exterior, especialmente a persoas maiores.
  comenta   0
Unha investigación da Universidade Estatal de Ohio (Estados Unidos) revelou que vivir preto do mar achega beneficios que alongan a esperanza de vida, como consecuencia das condicións ambientais, sociais e económicas favorables que ofrecen as zonas costeiras.
  comenta   0
O prezo que se paga a gandeiros galegos polo seu leite baixou a 48,4 céntimos de euros por litro en xuño, o que supón 0,4 céntimos menos que maio.
  comenta   0
Os autónomos sofren a maior baixada, cun 16% menos de ocupación; a nivel estatal, o sector supera os 3 millóns de traballadores por primeira vez fóra da tempada alta.
  comenta   0
A poboación de Galicia alcanzou as 2.720.469 persoas a 1 de xullo, o que supón un 0,53 % máis que no mesmo mes de 2024.
  comenta   0
Existe unha diferenza de máis de 20 puntos entre o estado dos encoros de Miño-Sil e os de Galicia Costa.
  comenta   0
O envellecemento da poboación, especialmente acusada na Comunidade galega con respecto a outras, e a falta de costume a temperaturas por enriba dos 30 graos poderían ser algunhas das causas que poderían estar detrás desta cifra que ofrece o organismo público estatal pero que, no entanto, "non é un valor real" de mortes causadas polas altas temperaturas.
  comenta   0
A CIG, UXT e CC.OO. valoran os bos datos laborais de xullo, pero critican que o paro aumente entre as mulleres e persista a temporalidade.
  comenta   0
Aumenta en 604 persoas ata os 107.858 desempregados, mentres que en España o desemprego cae lixeiramente.
  comenta   0
O home, de 48 anos, accedeu sen permiso á conta de comercio electrónico da vítima e financiou o dispositivo sen o seu consentimento.
  comenta   0
Tras os datos coñecidos no Instituto Nacional de Estatística (INE) este xoves, os viaxeiros en xuño foron 814.138 nos diferentes establecementos turísticos, o que se traduce nun 6,7 % máis.
  comenta   0
O pasado ano, o custo laboral medio por persoa traballadora en Galicia representou o 90,3 % da media nacional, 1,2 puntos máis que en 2023. O 72,8 % do custo total galego destinouse a salarios --24.666 euros por persoa-- e o 24,7 % a cotizacións obrigatorias á Seguridade Social --8.375 euros a nivel individual--.
  comenta   0
A vicepresidenta Montero preguntou: "Por que pagou a Xunta, a cargo dos contribuíntes galegos, un volume económico" a Despacho Económico .No informe da Dirección Xeral de Policía da Generalitat catalá incluído no sumario do 'caso Montoro' tamén relaciona o incremento das primas relativas ao servizo de interrumpibilidade coas eleccións galegas de 2012.
  comenta   0
No conxunto estatal, a taxa anual do Índice de Prezos Industriais (IPRI) xeral foi do 0,8 % no mes de xuño, 0,9 puntos por enriba da rexistrada en maio.
  comenta   0