A contaminación por micropartículas segue presente tras os lumes en Ourense

A concentración de PM 2,5 na capital e en Laza mantense por riba dos niveis recomendados, segundo Meteogalicia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/08/2025 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O fume e os gases derivados dos incendios que afectan á provincia de Ourense segue tendo consecuencias na calidade do aire e, aínda que esta mellorou con respecto aos rexistros das últimas horas, dúas das estacións medidoras, a de Gómez Franqueira (na cidade de Ourense) e a de Laza, ofrecen resultados malo e regular, respectivamente.

Segundo os datos que publica Meteogalicia, na tarde deste luns o ICA (Índice de Calidade do Aire) da estación da capital presenta valores malos, debido a que a concentración media de micropartículas PM 2,5 nas últimas 24 horas era de 26 ug/m3. Aínda que é certo que esta estación en concreto arroxa habitualmente valores desfavorables.

No caso da estación de Laza, o índice é "regular", cunha concentración de PM 2,5 de 20 ug/m3; mentres que no resto de estacións de Galicia, calidade do aire é favorable (no 71,7 %) ou boa (no 23,9 %).

Nas últimas horas, os ICA arroxaban datos moito máis desfavorables. Así, na tarde deste domingo, Meteogalicia rexistraba índices de mala calidade de aire en estacións das provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra, e mesmo de moi mala calidade do aire en varios puntos.

A subdirectora xeral de Cambio Climático e de Ordeación do Litoral, Teresa Bernal, nunha visita á estación de calidade do aire do Campus Sur de Santiago de Compostela.. XUNTA
A subdirectora xeral de Cambio Climático e de Ordeación do Litoral, Teresa Bernal, nunha visita á estación de calidade do aire do Campus Sur de Santiago de Compostela.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta