O informe 'Destrución custe o que custe' de Greenpeace pide cambios drásticos nas políticas ambientais para evitar acelerar o cambio climático.
  comenta   0
Abre a consulta pública o anteproxecto de decreto sobre contaminación por nitratos de orixe agraria. Pide ao Goberno central "rigorosidade, axilidade e criterios claros" que sexan "adaptados á realidade galega.
  comenta   0
A Xunta di que non realizou a declaración de zona vulnerable porque lle faltan informes do Goberno central e o CHMS aseguro que o Executivo galego "está a escusarse para non enfrontar o problema".
  comenta   1
O TSXG insta ás dúas administracións a "devolverlles aos cidadáns o pleno goce dos dereitos fundamentais" que foron vulnerados. É a primeira gran demanda na que un tribunal en Europa xulga o impacto da contaminación das grandes empresas industriais agrarias sobre os dereitos humanos fundamentais.
  comenta   1
Jesús Gago Piñeiro, oceanógrafo do Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Vigo experto en lixo mariño alerta de que o problema da contaminación mariña é estrutural e require medidas reais, non cosméticas. "A xente non se detén a pensar onde vai todo o que usa, pero vai dar ao mar", advirte.
  comenta   0
Fronte ás costas de Galicia, a fosa atlántica foi durante décadas un vertedoiro de residuos perigosos que impulsou unha revolución ambiental internacional. Mais hoxe, trinta anos despois, a vixilancia e a normativa que protexían os océanos están en retroceso, abrindo fendas para que novas ameazas regresen sen apenas debate público.
  comenta   0
As plataformas reclaman que o plan 2028-2033 inclúa os proxectos da Xunta que poderían agravar a contaminación de augas xa degradadas.
  comenta   0
Dende o punto de vista de Jesús Gago Piñeiro, oceanógrafo e experto internacional en lixo mariño, "o Goberno español ou a Xunta de Galicia deben reclamar á Comisión Europea que promova estudos serios e independentes sobre o impacto destes residuos, e que sexan os propios países que verteron eses bidóns radioactivos na fosa atlántica os que financien eses estudos".
  comenta   0
Amigas da Terra denuncia a presenza de bacterias resistentes e nitratos, e alerta da pasividade das administracións.
  comenta   0
Galicia enfróntase a unha vaga silenciosa de delitos ambientais que ameazan os seus ecosistemas máis valiosos. Verteduras contaminantes, cambios ilegais de uso do solo e prácticas especulativas avanzan sen freo, deixando tras de si ríos mortos, montes arrasados e biodiversidade ferida.
  comenta   0
Este venres o TSXG avaliará a demanda, que denuncia unha “mala xestión da contaminación xerada pola gandaría intensiva”.
  comenta   0
O encoro das Conchas no Concello de Muíños tinguiuse outra vez de verde mais agora adiantándose un mes. O habitual é ver este fenómeno durante os meses de máis calor, cando baixan os niveis de auga. Veciñanza, movementos ambientalistas e outras asociacións levan anos alertando das consecuencias que poida ter esta proliferación bacteriana nas augas do encoro e nas augas de toda a comarca da Limia
  comenta   0
A novena edición da iniciativa '1m2 contra a basuraleza' do Proxecto LIBERA reunirá este sábado a máis de 11.000 voluntarios no conxunto de España.
  comenta   0
Os materiais en contacto cos alimentos --sarténs, coitelos, tuppers...--- son unha das maiores fontes de contaminación química, por enriba dos praguicidas. "Non pensamos nun garfo ou nunha sartén como un risco, pero todos os materiais deseñados para tocar alimentos poden transferir substancias", sinala a investigadora Antía Lestido Cardama, que deu unha conferencia dentro do programa de divulgación científica 'Pint of Science'.
  comenta   0
O material "probablemente" proceda dun barco ou do material co que se protexe a estrutura das bateas.
  comenta   0
STEG e organizacións ecoloxistas denuncian que a Xunta tenta " limpar a imaxe" das industrias da enerxía fósil "e vestir de sustentábel o que non o é".
  comenta   0
As “terras raras” volvéronse inprescindibles para as novas industrias. Tántalo, torio, cadmio e outros elementos máis son agora as materias primas para abrir novos “dourados” mineiros. Mais a cantidade que poida existir destes minerais é o que fai rendible ou non unha explotación. A mina de litio proxectada en Beariz sería unha verdadeira alternativa de traballo? As bolsas de tántalo ou tungsteno que poidan encontrarse nas rochas graníticas son rendibles realmente?
  comenta   0
O Goberno declarou como zonas afectadas gravemente por unha emerxencia de protección civil a territorios en doce comunidades autónomas e habilitou axudas "que superan os 16.500 millóns de euros".
O BNG recorrerá á vía xudicial se a Xunta non fai público o expediente "completo" cos informes nos que se basea a "bastante sospeitosa" declaración de impacto ambiental (DIA) outorgada a Altri para a súa planta de Palas de Rei.
  comenta   0
Mentres, o BNG denuncia que a "macrocelulosa" necesita unha cantidade de auga "superior á que se consome en toda a provincia de Lugo cada día"
  comenta   3
Un tribunal europeo avaliará por "primeira vez" o impacto da gandaría industrial desde unha perspectiva de dereitos humanos ante denuncias de augas infectadas e "fedor insoportable".
  comenta   0
Así o informa o goberno local que sinala que o obxectivo que persegue o Concello é coñecer a orixe dunhas verteduras que causaron naquel momento un importante problema de saúde pública aos betanceiros
  comenta   0
"A produción de residuos non perigosos aumentou case un 70 % nunha década, o que fai que algúns dos vertedoiros actuais estean case ao máximo da súa capacidade e que haxa que aumentar o seu número no futuro", dixo Diego Calvo.
  comenta   0
Unións Agrarias insiste en esixir a Consellería do Medio Rural e Augas de Galicia unha revisión "exhaustiva" e "rigorosa" das zonas vulnerables a nitratos (ZVN) en Galicia, de forma que se controle se os niveis de contaminación detectados nas estacións de medición responden efectivamente á actividade agrícola ou a outras fonte, como a chegada do turismo masivo.
  comenta   0
A concentración de PCBs nos golfiños depende de factores como "o sexo, a idade, a madurez, a mobilidade xeográfica ou o estado nutricional", segundo a autora.
  comenta   0
O mariñeiro e divulgador Rogelio Santos Queiruga, descubridor deste episodio, asegura que non se pode explicar por unha causa única, pero que en tantos anos como leva no mar "nunca vira algo así". Por iso, chama a traballar como sociedade e tamén dende as propias administracións para mudar as cousas, porque o evidente é que "o marisco está moi debilitado".
  comenta   0
Segundo trasladaron fontes da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, "a vertedura está controlada" e foi xerada por unha embarcación marisqueira que estaba en seco e non sobre a auga.
  comenta   0
Segundo informou o 112 Galicia, carece de combustibles e aceites que "poidan ocasionar unha contaminación da auga".
  comenta   0
Os movementos ambientalistas da Limia continúan denunciando a contaminación por nitratos dos acuíferos naturais da comarca. Sinalan a produción intensiva e descontrolada das explotacións cárnicas. Doutra parte, acusan ás autoridades tanto autonómicas como dependentes do Estad de non aplicaren a lei e permitir unha situación que, segundo din, deixou sen auga potable para o consumo humano á maioría dos concellos limiaos
  comenta   0
Segundo informa a Autoridade Portuaria, no marco do convenio de colaboración que mantén con Sasemar, iniciou o proceso para habilitar un almacén para a entidade neste espazo.
A achega de nitróxeno ás augas superficiais leva consigo unha maior eutrofización, co consecuente aumento da masa vexetal e a actividade bacteriana que consome gran parte do osíxeno e por tanto a asfixia de moitos organismos
  comenta   0
Steven Emerman, xeofísico norteamericano, ten estudado proxectos mineiros como Touro e tamén o da Serra do Suido e as posibles consecuencias da súa apertura. A principal preocupación deste científico norteamericano son as pegadas permanentes dos traballos de minaría e tamén como e onde se embalsarán ou gardarán os estériles da mina, os refugallos, os restos, que se non son ben recollidos poden causar problemas como inundacións.
  comenta   0
Félix Martin, experto en formación en inocuidade e hixiene dos alimentos e en xestión da calidade, asegura que "é unha práctica que, se se fai ben, non ten por que causar ningún problema". Para el é máis importante non caer na contaminación cruzada.
  comenta   0
Hai "unha altísima concentración de fecais e tamén a presenza de varios compostos químicos asociados aos pesticidas e fertilizantes".