Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/05/2025 | Actualizada ás 14:36
Unha agrupación de veciños creou unha ferramenta dixital sobre a mina de Touro para denunciar "focos de contaminación" con "información actualizada", informan. "O mapa interactivo da mina de Touro é unha ferramenta de consulta que traslada á realidade actual dos terreos e á súa contorna a través de imaxes datadas e georreferenciadas", expón.
Nel, pódese ver o estado actual dos cursos de auga nos terreos mineiros e na súa contorna, o estado das balsas ou os vertedoiros de residuos. "Esta ferramenta ofrece tamén o acceso a fotografías detalladas e vídeos ilustrativos dispoñibles en Youtube, que complementan a información xeográfica e ofrecen unha visión máis completa da situación actual da mina", engade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.