A Xunta anuncia un plan director para a conservación deste monumento. Os orzamentos para 2021 xa contemplan máis dun millón de euros para traballos vinculados á infraestrutura
A Cátedra de Feminismos 4.0 convoca charlas e obradoiros para combater o patriarcado dixital.
  comenta   0
"Agora son máis as nenas que queren xogar ao fútbol e isto é unha boa noticia a nivel profesional e a nivel social", di Vero Boquete, que participou con Sergio Álvarez, Fernando Vázquez e Xurxo Souto nunha charla sobre o fútbol galego.
  comenta   0
A Ponte dos Concertos escapa do HD e os pixels e aposta por unha gravación en alta calidade para público esixente que bota de menos a música en directo.
  comenta   0
A escola de inmersión lingüística necesitaba 130.000 euros para a reforma do edificio, mais superaron en 30.000 euros a cantidade. Nos primeiros días, xa conseguiron 350.000 euros en avais.
  comenta   8
Cibrán García e O Chicho do Funk veñen de lanzar o seu terceiro álbum, Os dous de sempre, onde experimentan novas fusións e toman camiños diversos co trap como punto de partida. Son dos poucos que o fan en Galicia e en galego, e os únicos que colocan o xénero na contorna rural.
  comenta   0
A asociación Divulgacción aposta por un debate telemático sobre o I+D para as vindeiras eleccións .
  comenta   0
Os sons da frauta e a arpa "romperán o silencio dos escenarios coruñeses" este mércores no primeiro concerto a porta de pechada.
  comenta   0
A presente edición inclúe cambios significativos nas súas bases e un incremento da dotación económica dos galardóns.
  comenta   0
Esta é a campaña que bota a andar a Banda de Música da Arca xunto con Eroski e o Banco de Alimentos das Rías Altas e Cáritas de Arca.
  comenta   0
Xerais lanza #envozpropia, unha campaña en redes sociais na que os escritores e escritoras len partes das súas propias obras.
  comenta   0
A rede social Youtube é un dos lugares onde os documentarios das cadeas de TV acaban tendo unha segunda vida. Desde logo que hai moita trangallada que non se sabe por que está aí, mais hai algunhas xoias que merece a pena que revisemos para levar mellor a corentena e de paso, se se pode, aprender algunha que outra curiosidade.
  comenta   0
Nos últimos tempos Galicia foise facendo oco por estas canles millennials... Un bo feixe de creadores de contido andan triunfando polo mundo adiante e son de aquí. Coñécelos?
  comenta   2
Unha pescadería de Burela aconsella en Youtube como mercar peixe e marisco.
  comenta   0
Xacobo de Toro, Aquel-e, Aaron Vilariño, MJ Pérez, Blanca e Tinta, Siradella Films, A Rabela e Flow de Toxo repártense os galardóns dos III Premios Youtubeir@s, entregados este venres no Teatro Principal de Santiago.
  comenta   0
A idea principal é a construción dunha comunidade cada vez máis ampla, diversa e consolidada de creadores dixitais galegos. A lingua galega representa un elemento vivo como parte das novas canles de comunicación e as novas tecnoloxías.
  comenta   0
Ademais da webserie S.E.X, cuxo primeiro episodio se estreou a semana pasada, a iniciativa inclúe unha consultaría virtual sobre sexualidade con persoas expertas na materia de ASEIA e a difusión por centros educativos de secundaria da provincia coruñesa.
  comenta   0
O que acadou o seu éxito planetario con 'Color Esperanza' volve agora a España presentar a súa nova xira.
  comenta   0
O grupo Pesquedellas vén de presentar un documental sobre a música tradicional que ten un obxectivo claro: animar a xente nova a deixarse engaiolar polo son das gaitas e o escintileo das pandeiretas. "Non só o reguetón funciona, esta é outra forma de ocio, e é de todos", reivindican as impulsoras da iniciativa.
  comenta   0
Chámase Artai Miragaio. Ten 11 anos. Naceu e vive no barrio da Agra do Orzán, na Coruña. Estuda 6º de Primaria e 4º de clavecín no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Ten unha canle en Youtube na que vai narrando o seu día a día como galegofante. E nesta entrevista conta as súas impresións..."Vexo o futuro do galego moi mal", asegura.
  comenta   57
“Coñezo a moitos nenos e nenas que teñen pais profesores e políticos e din que defenden o galego e logo aos seus fillos fálanlle en castellano”, di Artai na súa canle de Youtube. “En Cataluña non teñen este complexo ignorante coa súa lingua”, apunta.
  comenta   41
Identificado o condutor que subiu vídeos a Internet nos que circulaba a 201 km/h nun tramo de 80 en Ponteceso. Tamén outra condutora cun detector de radares.
  comenta   0
O Youtube reborda de contido creativo galego e en galego. Nesta peza repasamos dez canles desta rede social que calquera debería coñecer: falan na nosa lingua e daquilo que nos identifica. Dádelle ao play!
  comenta   8
Investigadores da Universidade de Vigo advirten de que vídeos pouco ou nada rigorosos sobre esta enfermidade se impoñen na famosa plataforma de vídeos de Google, fronte aos de expertos.
  comenta   0
Youtubeir@s desenvolverá este encontro baixo o nome 'Lista de reprodución ao vivo' e nel que cada creador levará temas preparados para analizar e o público poderá realizar preguntas e interactuar cos "vídeos vivos".
  comenta   0
Médicos avisan de que "calquera información sobre a saúde debe pasar un matiz de rigor" e apelan a denunciar as "barbaridades".
  comenta   0
O martes 26 de marzo aprobábase a nova directiva europea sobre dereitos de autor en Internet. Para os usuarios e creadores de contidos, unha maneira de censurar e cortar a libertade de expresión na rede. Para os impulsores da directiva, unha maneira de protexer os dereitos de autor.
  comenta   1
Ana Varela é unha famosa 'youtuber' galega residente en Corea do Sur e coñecida pola súa canle Lady Avellana, sobre viaxes e culturas do mundo. Desde alí, explica a súa experiencia como galegofalante.
  comenta   3
"Falar galego é normal na nosa vila. Queremos que tamén o sexa en Internet". Esa é a meta do proxecto, que presenta a súa terceira edición con novidades no certame audiovisual: máis categorías e máis diñeiro en premios. O obxectivo é "consolidar" unha iniciativa na que xa participaron máis de 400 persoas.
  comenta   0
A rede social máis utilizada do mundo acabou sendo un lugar imprescindible para promoción e autopromoción. Cal é a súa relación co noso idioma? Hai persoas que crean contido en galego?...
  comenta   1
Coñecidas polas súas campañas audiovisuais en Youtube como #YoSiTeCreo ou #HolaPutero, Zúa Méndez e Teresa Lozano poñen o feminismo no centro do debate en redes sociais cunha comunicación directa. Agora, tamén o fan no papel co ensaio ‘#HolaGuerrera‘. Falamos con Lozano mentres viaxan cara A Mariña.
A segunda edición dos premios Youtubeir@s busca incrementar a presenza do noso idioma na Internet.
  comenta   0