Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/06/2025 | Actualizada ás 11:15
O festival O Son Do Camiño fai historia tamén neste 2025 ao converterse, por segundo ano consecutivo, no festival máis retransmitido en directo de todo o país.
Algúns concertos seleccionados poden seguirse en streaming a través da canle oficial de Youtube do festival, permitindo que miles de fans vivan a experiencia desde calquera recuncho do mundo. Durante os tres días do festival, que se está a celebrar no Monte do Gozo de Santiago de Compostela, retransmítese unha coidada selección de actuacións en directo, abranguendo unha gran diversidade de xéneros e artistas.
RETRANSMISIÓN DE CONCERTOS
A través da canle oficial de Youtube do festival poderanse seguir os seguintes concertos:
VENRES 13 de xuño: Merino, Carolina Durante, Siloé e Aiko.
SÁBADO 14 de xuño: Steve Aoki, Dani Fernández, Lia Kali, The Rapants, La La Love You e
Tain.
Ademais, este 2025 a retransmisión en directo tamén se poderá seguir pola TVG a través da súa plataforma dixital www.agalega.gal, ampliando así o alcance do evento a través de medios públicos galegos. Os concertos que se poderán seguir nesta plataforma son:
VENRES 13 de xuño: Merino e Aiko.
SÁBADO 14 de xuño: The Rapants e Tain.
Deste xeito, o festival demostra a súa aposta pola difusión dixital, a accesibilidade e a innovación audiovisual. En palabras dos organizadores,"O Son Do Camiño continúa liderando a transformación tecnolóxica dos grandes eventos musicais en España, achegando a emoción do directo a quen non poden asistir presencialmente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.