Álvaro de Luna, Juan Magán, Leire, Despistaos, Fran Pera, Kate Ryan, Efecto Pasillo, Henry Méndez e o novidoso formato de La Reina del Flow, o máis destacado para a súa segunda xornada.
  comenta   0
Comprende máis de 1.300 accións vencelladas a ciclos de artes escénicas, música, maxia, circo ou produción audiovisual e 43 exposicións en centros públicos. Entre elas hai máis de 400 actividades organizadas ao redor de festivais musicais.
  comenta   0
O festival coruñés aposta pola relación entre cómic e música, presenta 20 exposicións e reforza a súa programación gastronómica, profesional e infantil
O concerto coincidiu coas celebracións do Día de Galicia e converteuse na sexta actuación confirmada do programa de concertos deste verán.
  comenta   0
Dei V, Brytiago e Yan Block protagonizarán unha noite histórica na Praza de Fefiñáns, dentro da programación da Festa do Albariño, na que será a súa única parada en Galicia este verán. Desde colaboracións con Bad Bunny ata hits que superan os cen millóns de escoitas, o cartel reúne a tres voces que están a marcar o presente do reggaetón, o trap e a música urbana latina.
  comenta   0
"O espectáculo comezara con toda a ilusión de compartir unha noite inesquecible con vostedes, con todo, transcorridos os primeiros 40 minutos aproximadamente, a intensidade da choiva e o mal tempo representaban un risco real para a seguridade do público e de todo o equipo", xustificaron dende a produtora.
  comenta   0
O Peirao da Batería da cidade herculina converteuse este domingo nun arrecendo tropical de paixón, baile e melancolía caribeña. Máis de 10.000 persoas entregáronse á voz inconfundible do rei da salsa, Marc Anthony, que fixo tremer o corazón da urbe cun directo eléctrico e sentido. A Coruña, coma nunca, bailou salsa mirando mar.
  comenta   0
Víctor Antón, propietario de Gaiás Eventos, a maior promotora de orquestras de Galicia, denuncia o desleixo institucional e o colapso dun ecosistema profesional e cultural ante a proliferación de macrofestivais.
  comenta   0
O sábado pola noite destaca a presenza de Milladoiro e o domingo pola mañá será o 'Desfile das Nacións Celtas' e o concerto do 25 aniversario de 'Mamá Cabra'.
  comenta   0
O artista xustificou a súa decisión nun vídeo: “A miña posición sempre foi clara. Que viva Palestina libre”.
Izal actuará o 29 de agosto, día no que tamén se subirán ao escenario Dorian, La Habitación Roja, Samuraï, Sexy Zebras e Éxtasis, xunto a outro artista que aínda está pendente de ser anunciado. O sábado 30 de agosto actuarán Beret, Leire Martínez, Fredi Leis, Hey Kid, Maldita Nerea, Marlon, Noan e Paula Koops.
Este venres 4 de xullo, o Alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi o encargado de inaugurar o evento no Paseo do Malecón da cidade do Cabe. Ademais dos stands das adegas participantes, hai postos de gastronomía, actividades infantís, obradoiros de cata e concertos ata o domingo.
  comenta   0
O Festival Internacional do Mundo Celta, que se celebrará do 9 ao 13 de xullo, incorpora este ano importantes novidades centradas no público familiar e a dinamización cultural da vila.
  comenta   0
Este ciclo musical, que pretende maridar música, solidariedade e viño, alcanza a súa XII edición.
  comenta   0
O encontro arrinca este domingo con actuacións abertas ao público en Valladares
O evento rotará entre Castrelo, Cenlle e Arnoia e integra viño, gastronomía, música e oficios tradicionais co apoio da Fundación Artesanía de Galicia
  comenta   0
O artista galego aposta pola reinvención, a introspección e a liberdade creativa nos seus concertos e composicións
  comenta   0
Celebrarase en Vilaxoán do xoves 11 ao domingo 14 de setembro, día este que terá lugar a tradicional sardiñada popular e a Gala de Circo Solidaria. Os abonos por días están xa dispoñibles na web do festival.
  comenta   0
O recoñecemento celebrarase o sábado en Bonaval como homenaxe á contribución de persoas e entidades que destacaron na defensa da cultura, a sanidade, a empresa e os dereitos sociais en Galicia
  comenta   0
Celébrase o sábado 28 de xuño na parroquia de Toldaos, no Concello de Pantón, e contará con actuacións musicais, maxia, postos de artesanía, exposicións, cantina e un punto de 'Lingua Vital Xa!' reivindicando tamén o emprego da nosa lingua.
Artistas emblemáticos do panorama folk nacional e internacional compartirán escenario con novos talentos do 9 ao 13 de xullo. Ortigueira transformarase, un ano máis, no epicentro mundial da música celta cun programa que reúne grandes nomes da cultura folk e celta.
  comenta   0
O artista colombiano Manuel Turizo presentará no Coliseum da Coruña o próximo 19 de outubro o seu novo álbum '201 TOUR', un espectáculo "innovador que rompe cos moldes do concerto tradicional para ofrecer ao público unha experiencia totalmente inmersiva, emocional e multisensorial".
O evento, que se celebra no Monte do Gozo de Santiago de Compostela, comezou este xoves e alongarase ata o sábado 14 de xuño. Ademais de pola súa canle de youtube, os concertos poderán seguirse dende a plataforma dixital www.agalega.gal
  comenta   0
Na edición deste ano presentáronse 512 proxectos que foron votados por perto de 5.000 persoas e sete galardóns foron para proxectos de mulleres. En referencia ao sector musical, Músicas ao Vivo reclamou fortalecer a contratación de proxectos galegos na programación cultural do país.
  comenta   0
As entradas do novo directo, que será o 27 de setembro, saen á venda este mércores ás 15.00 horas.
O artista portorriqueño volveu demostrar por que segue enchendo estadios: porque non é só música, é enerxía, é gratitude, é espectáculo, e, sobre todo, é corazón.
  comenta   0
Actos culturais e institucionais, foliadas, concertos, roteiros... Este 17 de maio ven cargado de actividades en moitas vilas e concellos do país.
Súmase así ás confirmacións de Lori Meyers, Xoel López, Nena Daconte, Ultraligera, Despistos, Álvaro de Luna, Efecto Pasillo, Leire Martínez, Griso, Kate Ryan e Fran Perea.
  comenta   0
O espectáculo, con escenografía de gran formato, corpo de baile e banda en directo, combinará grandes éxitos como 'Toreto' ou 'Y tú te vas', con novos temas como 'Bailemos Bachata'.