O Recorda Fest volve facelo, comeza a conta atrás: entradas de sábado prácticamente esgotadas

Álvaro de Luna, Juan Magán, Leire, Despistaos, Fran Pera, Kate Ryan, Efecto Pasillo, Henry Méndez e o novidoso formato de La Reina del Flow, o máis destacado para a súa segunda xornada.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 01/08/2025 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

O Recorda Fest volve facelo, e se xa foi exitosa a súa segunda edición, esta terceira vai polo camiño de converterse na máis multitudinaria. E é que a pouco máis de cinco semanas de que a música comece a soar no Peirao de Batería da Coruña, as entradas de sábado están practicamente esgotadas. Xa están dispoñibles as derradeiras entradas para o día 6 de setembro. Poderán adquirirse a un prezo de 40 euros máis gastos de xestión, mentres que o abono para os dous días mantense ao mesmo prezo que ata o de agora: 55 euros máis gastos de xestión. Todas poden adquirirse en www.recordafest.es.

Cartel por días do Recorda Fest
Cartel por días do Recorda Fest | Fonte: Recorda Fest

O evento, que terá lugar os días 5 e 6 de setembro no Peirao de Batería da Coruña, reunirá á La La Love You, Juan Magán, Álex Wall, Álvaro de Luna, Despistaos, Efecto Pasillo, Eme DJ, Fran Perea, Griso, Henry Méndez, Kate Ryan, Leire Martínez, Nena Daconte, Ultraligera, Lori Meyers, Marlena e Xoel López. Como principal novidade, La Reina del Flow nun formato absolutamente inédito para un festival deste estilo. Precisamente será o sábado cando o público poida gozar das cancións da telenovela máis vista da historia de Netflix. A directora do Festival, Olga Lamas, lembrou que "faltan cinco semanas para vernos no Peirao de Batería da Coruña e estamos moi ledos e ledas co ritmo de venda; polo momento, ademais, mantense o prezo do abono, que é moi competitivo".

PROGRAMACIÓN POR DÍAS

Desde hoxe xa se poden adquirir as entradas para cada día do Recorda Fest de maneira individual. A grella quedaría configurada da seguinte maneira, a falta de coñecer os horarios:

  • Venres 5 de setembro: La La Love You, Lori Meyers, Xoel López, Marlena, Nena Daconte, Ultraligera, Álex Wall, Griso e Eme DJ.
  • Sábado 6 de setembro: Álvaro de Luna, Leire Martínez, Despistaos, Fran Perea, Kate Ryan, Efecto Pasillo, Henry Méndez, Juan Magán e La Reina del Flow.

O Recorda Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta